Presentan chip 1.000 veces más rápido que os existentes

Lendo diariori.com:
“Unha compañía israelí desenvolveu un procesador de sinais dixitais ópticas (ODSP) que acada velocidades 1.000 veces superiores ós actuais chips. O prodixio tecnolóxico implica un salto de 20 anos para a industria dos microprocesadores dese país.”…


…”A compañía israelí Lenslet presentou un prototipo do primeiro procesador de sinais dixitais ópticas do mundo. O dispositivo, denominado EnLight265, foi presentado na feira Milcom, realizada en Boston a mediados de outubro.
O procesadpr está en condicións de realizar ata 8 teraoperacións por segundo. Tal velocidade é 1.000 veces superior ó desempeño de calquera procesador coñecido na actualidade. Se se houbera de segui-la denominada Lei de Moore, á industria tomaríalle 20 anos chegar a tal rendemento.
O procesador foi desenvolvido para a industria da defensa, pero evidentemente tería numerosas aplicacións para o sector civil. Nun comentario ós medios israelís, un xeneral retirado sinala que ‘Este producto revolucionará a natureza da guerra, cun efecto similar ó que tivo a introducción dos tanques ou o primeiro avión de combate’.
Lenslet presenta unha lista de aparatos que aumentarán drásticamente a súa sensibilidade e rendemento ó incorpora-lo novo procesador de sinais dixitais ópticas: equipos de comunicacións, radares, intercepción de sinais, compresión de vídeo, control de equipaxes, control de amenazas mediante o análise de información xerada simultáneamente por varios sensores, etc.
O interfaz de EnLight265 é compatible cos actuais estándares para os procesadores de sinais, de forma que non constitúe un desafío integra-lo procesador nos conceptos actuais.
O desenvolvemento da actual versión alfa do chip tomou tres anos. Lenslet informa que o precio do producto será relativamente baixo en relación co seu rendemento. Aparte de ter suscrito acordos coa defensa israelí, Lenslet está negociando contratos cos governos de Estados Unidos e Xapón, ademáis dalgúns países europeos.”
Fonte: diarioti.com

También podría gustarte
Comentarios