PRIMEIRA AUTONÓMICA. PINTURAS GRANDAL LAGO DVSPORT 2 – CDX ARANGA FSF 0

Debut do equipo azul en casa nesta 2022-23

219

Trala vitoria 1-2 en Pontedeume no primeiro partido ligueiro, debutaba o equipo do Lago como local esta tarde no Pavillón de Monte Caxado.

O encontro foi de dominio total das de Jacobo Barro, que so puideron marcar por medio de Paula ao pouco do inicio, e a sentencia non chegou ata faltando pouco tras un forte disparo de Andrea Montero ao borde da área.

Entremedias moitas ocasións, pero o desatino, a porteira visitante, e algún que outro poste impediron un marcador máis abultado. Con seis puntos, a vindeira semana derbi coas Maruxas de Nata do Parrulo.

Xogaron Paula Baamonde, Carolina, Paula Castro, Andrea, Uxía Pico; Carol, Uxía Cupeiro, Uxía Rodríguez e Carla.


Nova cortesía de Xose Ferreiro

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios