PARTICIPACIÓN DO CVF AS PONTES NA REGATA CLASIFICATORIA OPTIMIST 50 ANIVERSARIO CN RIVEIRA

Disputouse este fin de semana en Riveira a primeira regata clasificatoria do calendario oficial da Real Federación Galega de Vela lase Optimist da tempada 2022-2023 coa participación de más de 150 nenas e nenos de toda Galicia.

Como ven sendo habitual nesta competición os regatistas estiveron divididos en dous grupos, o amarelo no que están os 57 primeiros regatistas do ranking, e o azul no que están incluidos dende o 58 en diante.
Por parte do CVF As Pontes debutaba no grupo amarelo Xairon Carballo despois de ascender a él na tempada pasada, que finalizou a competición no posto 45º. Mentres que no grupo azul, disputaban esta competición David Villaverde (posto 22º), Paula González (posto 28º) e Ana Lefler (posto 36º).
Estando programada a disputa de un total de 6 mangas, na primeira xornada de sábado, tras unha larga batalla co vento de máis de duas horas, o Comité de la Regatas validar dos mangas.
Para a xornada dominical o Comité tivo a intención de celebrar catro mangas, tres correspondientes ó segundo día, e unha pendente do sábado, para completar deste xeito o programa deportivo. Finalmente só o grupo amarelo puido disputar as 4 mangas previstas, mentras que o azul só puido disputar dúas.
A vindeira cita para o equipo Optimist do CVF As Pontes adestrado por Nano de Andrés será en Viana do Castelo (Portugal) para a disputa do VIII Troféu Cidade de Viana do Castelo – Meeting Internacional de Optimist Semana do Atlântico 2022 a disputar os días 21, 22 e 23 de Outubro.

Nova cortesía do Club de Vela Fluvial As Pontes

Fotos: Juan Caballero
También podría gustarte
Comentarios