PREFERENTE NORTE. CD AS PONTES 3 – SD SAN TIRSO 2
Triunfo no último suspiro dun As Pontes que se sitúa terceiro ante o combativo equipo de Abegondo
Terceiro triunfo consecutivo dun As Pontes que voltou remontar por segundo domingo seguido, nesta ocasión ante un San Tirso, liderado por Denis, López, que compartira internacionalidade sub16 tamén con Denis, Suárez, que se adiantaba nunha xogada na que Xian se pranta ante Parapar e o bate de tiro cruzado (18´).
Pero antes do descanso cun zapatazo de Rogerio que se cola polo primeiro pau igualaban os locais (31´). Nun encontro de dominio alterno, chegando ao último cuarto, o colexiado sinalaba penalti tras unha saída de puños do gardamallas visitante que golpeou na cabeza de Simigliani.
O propio xogador venezolano remataba a pena máxima, que desviaba Mallo ao longueiro, e o mesmo Luis Carlos aproveitaba o rexeite para mandar a bola ao fondo das mallas (75´). Pero non durou moito a alegría porque o recén incorporado Juan empataba de forte disparo dende a frontal da área (81´).
Pero cando parecía que o encontro ía rematar en táboas, Ale Espeso regateou a varios rivais dentro da área, cedeulle o balón a Simigiliani que marcou moi axustado ao pau o 3-2 definitivo (88´). Moi bos minutos de Samuel.
O As Pontes situase terceiro empatado a 10 puntos coa Sarriana, e a dous do líder con pleno de triunfos Betanzos. Próxima visita á complicada A Pinguela contra un Lemos que so suma un punto si ben é certo que xogando os catro encontros a domicilio.
Xogaron Iván, Criado, Tijan (David 45´ Samuel 75´), Alberto (Iago 72´), Montes, Traba, Rogerio (JaviM 88´), Jaime, Simigliani, Espeso, Michel (Brais 72´).
Nova cortesía de Xose Ferreiro