SEGUNDA GALICIA VETERANOS. CD AS PONTES 1 – ACD A CAPELA 1
Debut no derbi do equipo veterano pontés nesta campaña 2022-23
O equipo de Veteranos do CD As Pontes debutou esta xornada de domingo como local no Evaristo Puentes, aínda que xa iniciara con derrota 1-0 ante o Unión Campestre 1908 de Montrove.
Esta campaña o nivel é moito máis igualado, e no derbi de hoxe, o único xunto ao que se vivirá co Barallobre, do equipo veciño da Capela, entre outros, estaba o gran Víctor Iglesias, que anotara os dous primeiros tantos naquel histórico 15-4-2007 do ascenso do Xuvenil pontés nun ateigado O Poboado á División de Honra.
O terceiro dese 3-1 ao Racing de Ferrol anotarao Dani, irmán de Chote, un dos reforzos do equipo de Felipe Mieres que hoxe deu o primeiro punto cun tanto seu sobre o pitido final que igualaba un dos visitantes ao pouco do comezo do segundo período. Co primeiro punto próxima visita ao Betanzos Norte.
Nova cortesía de Xose Ferreiro