PRIMEIRA AUTONÓMICA XUVENIL: CD AS PONTES B – CEBARCA (2-0)

O xuvenil B do CD As Pontes sumou a segunda vitoria da temporada ó gañar este martes pasado ó Cebarca por dous goles a cero, en partido correspondente á sexta xornada de liga da primeira autonómica xuvenil.
Os ponteses fixeron un bo partido e puideron lograr máis goles, xa que dispuxeron de moitas e claras ocasións ó longo dos noventa minutos para rematar o partido cun resultado máis amplo. Ó descanso chegouse con vantaxe local dun gol a cero, tanto logrado por Hugo no minuto corenta. No minuto 70 de xogo Diego estableceu o definitivo 2-0
O conxunto pontés aliñou a Álex (Cristian, 46), Diego, Rubén, Beto (Samuel, 71), Simón, Hugo, Isma López (Isma Doce, 80), Juan, Sergio (Álex, 65), Manu e Marcos (Darío, 75).
O As Pontes B, que aínda non coñece a derrota nas seis xornadas disputadas, ocupa a sexta posición con dez puntos, nunha clasificación que lideran o Ánimas e o Perlío, os dous empatados a 16 puntos. Precisamente, na vindeira xornada o As Pontes B xoga contra o líder Ánimas, encontro a disputar no campo de San Xoán o domingo 17 (11,00).
futbol_0001.jpg


futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
Nova cortesía A.F.

También podría gustarte
Comentarios