Nota de Prensa BNG : O BNG SUSPENDE AS REUNIÓNS NO FREIXO E EN GONDRÉ

As convocatorias relacionadas co Decreto do Carbón previstas para o venres e o sábado provocan a decisión nacionalista.
As Pontes, 14 de outubro de 2010.- Despois do período de verán, o BNG pontés ven de retomar as visitas ás parroquias do concello e os encontros co movemento asociativo da localidade; para o venres e o sábado estaban convocadas as do Freixo e Gondré, respectivamente.


Máis a situación derivada da aprobación do decreto do carbón por parte do goberno do PSOE do Estado, nomeadamente a convocatoria da Plataforma comarcal en contra do decreto para o venres ás 19 horas no Carvalho Calero de Ferrol e a concentración do sábado diante da Delegación do Goberno na Coruña, motivan a decisión do BNG das Pontes de suspender as reunións, coa finalidade de xuntar esforzos na procura do obxectivo común de modificar a decisión do PSOE estatal.
Dende a seguridade de que os veciños e as veciñas non só entenden a decisión senón que comparten e apoian os seus motivos, o BNG fai público, de novo, o seu compromiso co rural que se concretará nunha nova convocatoria no menor prazo posíbel.
Asemblea Local do BNG das Pontes

También podría gustarte
Comentarios