PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: PORTO CELEIRO – O ESTEO FS (0-4)

Cuarta vitoria consecutiva do Esteo na décimo segunda xornada de liga de primeira nacional B na casa do Porto de Celeiro (0-4). Un pouco máis dun cento de espectadores no pavillón municipal de Viveiro.
O Esteo non tivo problemas para saldar positivamente os seus compromisos desta semana, xa que o mércores gañou na Estrada ó Cerdedo (3-6) en partido da oitava xornada que fora suspendido polo mal estado da pista, e este sábado tamén gañou a domicilio ó Porto Celeiro por un claro marcador de catro goles a cero, nun partido no que a primeira metade estivo bastante igualada lográndose tan só un gol por mediación de Anxo nun disparo dende o seu propio campo ó ver a portería local baleira, xa que o porteiro viveirense saíu a rematar un saque de esquina. A segunda parte foi de claro dominio dos ponteses, que realizaron un bonito fútbol sala cunha perfecta defensa non dando opcións ós locais e en ataque con boas combinacións que acabaron en gol en tres ocasións, aínda que polas ocasións puideron ser máis.
Con este resultado o Esteo está máis cerca dos postos de cabeza, é cuarto a catro puntos do Bembrive e a dous do Vilamartín e Trabada, conxunto que na vindeira xornada visita ós ponteses no pavillón da Fraga.
Por outra banda, resultado atípico o que se rexistrou no encontro Ventorrillo-Unidade de Fene, xa que nin coruñeses nin feneses foron capaces de marcar, rexistrando o marcador final un inusual 0-0.


PORTO DE CELEIRO: Álvaro, Darío, Fran, Andrés, Girón –cinco inicial- Xoel, Borja, David, Ángel, Hugo e Rodríguez.
O ESTEO FS: Javichu, Santi, Anxo, Gerardo, Fran –cinco inicial- Noé, Rubi, David, Pelu e Roi.
ÁRBITROS: Álvarez López e Gómez Arias (Lugo). Tarxeta amarela a Darío, Javichu, Santi e Rubi.
GOLES: Min. 4 (0-1), Anxo. Min. 25 (0-2), Noé. Min. 27 (0-3), Fran. Min. 36 (0-4), Noé.
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios