PRIMEIRA NACIONAL B DE FÚTBOL SALA: O ESTEO FS – GRUPO JUNQUERA (2-5)

Terceira derrota do Esteo na casa, a segunda consecutiva, diante do Grupo Junquera, de Vilagarcía de Arousa, por dous goles a cinco. Ó descanso o marcador rexistraba empate a un gol. Frouxa entrada no pavillón municipal da Fraga, apenas uns cen espectadores nas gradas.
esteo_1.jpg
O Esteo desperdiciou unha nova ocasión de achegarse ós postos de cabeza no seu enfrontamento contra un rival directo, o conxunto vilagarcián de La Junquera, equipo que superou ós ponteses, tanto en xogo como en preparación física, mellor situación na pista e en saber aproveitar as ocasións de gol. Todo o contrario pasoulle ó cadro local, que, segundo transcorre o campionato, semella perder forza e o seu xogo non se parece ó da pasada temporada e tampouco ó dos inicios desta campaña.
Como ven sendo habitual, comezou adiantándose o equipo visitante. O xogo estivo igualado e os locais non marcarían ata o minuto cinco de partido cunha falta directa de Pellón. Con este resultado chegouse ó descanso. Nada máis comezar a segunda parte volven a adiantarse ós vilagarciáns e a partir de aí os ponteses pasan a tomar a iniciativa creando ocasións de gol, incluídos varios tiros ós postes. Ós dez minutos Noé logra un novo empate ó transformar un penalti. Sen embargo, a falta de dous minutos para o final o Junquera aproveita un erro defensivo local para poñer o 2-3 no marcador. A entrada de porteiro-xogador non fixo efecto e pola contra sería o Junquera quen no derradeiro minuto lograba dous tantos máis deixando o marcador no definitivo 2-5.


O ESTEO FS: Javichu, Pellón, Noé, Rubi, Gerardo –cinco inicial- Anxo, Fran e Diego.
GRUPO JUNQUERA: Molina, Alfonso, Fran, Gelabert, Chini –cinco inicial- Jaime e Ángel.
ÁRBITROS: Fiaño López e Paz Fraga, da Coruña. Amoestaron a Javichu, Pellón, Noé e Rubi, do Esteo, e a Molina e Fran, do Junquera.
GOLES: Min. 1 (0-1), Gelabert. Min. 5 (1-1), Pellón. Min. 21 (1-2), Alfonso. Min. 30 (2-2), Noé (penalti). Min. 38 (2-3), Chini. Min. 39 (2-4), Fran- min. 39,37” (2-5), Jaime.
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
esteo_1.jpg
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios