Amigus
As Pontes

Que é un pregón?

Artigo de opinión enviado por Xosé-Bieito Coello

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

É un discurso, no que unha persoa destacada nalgunha faceta, anima ó público, ó inicio dunhas Festas ou Feiras, a que participe e a pasalo ben nesas celebracións.

Cando se comezou a facer os pregóns nas Festas das Pontes, tratábase de promocionar este Concello, que non era moi coñecido, e apostouse a que o pregón o fixeran intelectuais, moi recoñecidos a nivel galego: Uxio Novoneira, O Presidente da Real Academia Galega: Francisco Fernández del Riego, Manuel María, etc. Despois fixéronse pregóns nos que primaba xente que nacera ou estivera vinculado con As Pontes, cunha traxectoria importante, como Roberto Toxeiro, unha herdeira do fundador de Estrella de Galicia, o daquela Reitor da Universidade de Santiago: Senén Barro Ameneiro, etc.

Últimamente mudáronse estes criterios e no lugar de facer un pregón faise outra cousa: unha homenaxe ós mestres, ós construtores, ós donos de bares, ós emigrantes, etc. Está moi ben esta merecida homenaxe, aínda que penso que tiña que facerse outro dia, como se fai ás mulleres destacadas neste Concello, e facelo a todo o mundo: gandeiros, electricistas, libreiros, sanitarios, músicos, fontaneiros etc. pois a todos eles As Pontes lle debe o que hoxe é.

O pregón debería seguir dándoo unha persoa, e a proposta podería ser que o fixera algunha persoa moza que tivo que marchar de As Pontes, ou incluso de Galicia por falta de oportunidades, e hoxe está destacando no seu traballo polo mundo adiante. Desta maneira polo menos reconoceríaselle a esta xente nova o seu esforzo e valía. E poderíamos poñer moitos exemplos: María de la Fuente: unha doutora e recoñecida investigadora do cancro, Dani Álvarez, un extraordinario periodista, que en Euskadi apodan o Gabilando da Radio Televisión Vasca, Aurora Armental, unha arquitecta que ten gañado varios concursos internacionais, como a rehabilitación dun edificio no centro histórico de Xenebra para centro cívico, algunha música como Estefania Beceiro, membro da Orquesta Sinfónica de Bilbao, etc, etc. Calquera destas persoas, poderían facer un magnífico pregón e axudaría a que non perderan a vinculación con este pobo.

Xosé-Bieito Coello Coello

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios