Queremos Galego!

Este 17 de maio, a plataforma cidadá Queremos Galego! organiza un acto diferente en lugar da clásica manifestación en Santiago de Compostela. Trátase dunha mobilización expansiva que consiste en concentracións simultáneas ás 12 da mañá no maior número de localidades posibles.
Xunto cun bo número de vilas galegas, xa se sumaron a esta convocatoria Nova York, Madrid, Barcelona, Santa Cruz de Tenerife, Belfast e Bos Aires (entre outras).
Ademais de celebrar o día das Letras, tamén se quere chamar a atención sobre os ataques que están a sufrir a lingua e a cultura galegas nestes últimos anos.
Nas Pontes, a xuntanza terá lugar na Praza de América. Alí, poetas da vila recitarán algúns dos seus versos, lerase un manifesto en defensa do noso idioma e bailarase ao ritmo do rock interpretado por músicos ponteses de diferentes formacións.
A Plataforma quere animar a todo o mundo (mulleres, homes, rapaces, rapazas, nenos e nenas) a participar deste ambiente de festa reivindicativa coa súa presenza e apoio, e mesmo levando os seus propios instrumentos para tocar algunha peza!
Achegádevos!
CARTEL.jpg

También podría gustarte
Comentarios