Amigus
As Pontes

RADIO EUME CELEBRA OS SEUS 22 ANOS DE EMISIÓN CUN PROGRAMA DE ENTREVISTAS DE 22 HORAS DE DURACIÓN

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Radio Eume cumpre hoxe 22 anos. Son xa máis de dúas décadas ininterronpidas de radio en chave local nunha historia feita día a día por uns veciños que acolleron con cariño unha iniciativa de comunicación que arrincou precisamente con ese aval da participación popular para cubrir as eivas en medios, persoal, e experiencia, das que carecía un equipo por aquel entón comandado por Fina na dirección, e que contaba con Xose Cendán como redactor locutor e Pablo Paz como primeiro técnico de son.
Aquela primeira radio que se conectaba cada mañá cunha sintonía identificativa, para desconcetarse cos mesmos sons cada mediodía, foi medrando para ampliar a súa programación á tarde, primeiro cunha conexión a outra canle, e logo con producción propia, derivou hoxe nunha radio de 24 horas na que o seu persoal se divide entre radio e televisión locais. Para conmemorar esta efeméride dos 22 anos, Radio Eume comezou esta madrugada, ás 00.00, unha macroentrevista, aberta e en directo durante as 22 horas que se corresponden cos anos de emisión. O coordinador do medio Xosé Cendán é o responsable da elaboración das diferentes entrevistas que integran este programa e que se pechará ás 22.00 horas, de hoxe venres.
Este record, inédito na historia da radiodifusión precisará da colaboura de todos os veciños que podan participar, polo que se habilitou o número 981 45 31 88 ou o correo rtveume@aspontes.org para ofrecer esa colaboura.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios