RAQUEL E MALENA DANLLE O TRIUNFO Ó DEPORTIVO DA CORUÑA NO TERESA HERRERA
As dúas xogadoras pontesas anotaron na quenda de penaltis.
O debutante equipo do Deportivo Da Coruña impúxose na cuarta edición feminina do Trofeo Teresa Herrera.
O rival era de entidade, o Villarreal feminino. Comezou adiantándose por dúas veces o conxunto herculino cun tanto de Marieta en propia meta e outro de Elvira, pero as castellonenses empataron nas dúas ocasións.
Non houbo máis goles e tívose que recorrer á quenda de penaltis onde o Deportivo venceu por 4-3 con sendos tantos de Raquel e Malena, que foi protagonista por partida doble como porteira e goleadora.
Os outros penaltis foron anotados por Tere Abelleira, internacional española e filla de Milo Abelleira, que fora adestrador do Endesa As Pontes, e Miriam.
Xogaron Ana, Cris, Perdi, Raquel, Laura, Tere, Tami, Elvira, Lía, Nuria, Estefi, e despois Malena, Miriam, María, Caro, Patri, Noe y Paula.
Nova cortesía de Xose Ferreiro