RESULTADOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 29-30 SETEMBRO / 1 OUTUBRO

Triunfos de Xuvenil, Cadete, Alevín A, Benxamín A, e ambos Prebenxamíns.

FEMININO. CD AS PONTES-SCDR GALICIA DE CARANZA (0-1)

Derrota do equipo feminino ante o Galicia de Caranza por 0-1. O equipo de Julio Montero afrontaba o encontro con apenas dous cambios para os sesenta minutos, e con varias xogadoras que se estrean este ano, mentres as ferroláns presentaronse con catorce futbolistas, e con máis aire fresco para o longo do partido o quinto clasificado da pasada Liga acabou gañando cun gol de Tania a cinco minutos do final.

Con tres puntos en tres partidos visitan ó Amistade de Meirás, na mesma situación. Xogaron Leti, Yoli, Tania, Uxía, Indira, Noelia Ameneiro, Xeila, Paula Castro, Carlota e María.

XUVENIL. FC ORTIGUEIRA-CD AS PONTES (1-5)

Gran triunfo do equipo Xuvenil en Ortigueira 1-5, que deixou resolto o partido no primeiro tempo cos goles de Cristian, Pablo, e dous de Andrés, establecendo o 0-4 co que se chegou ó descanso, completando o marcador un quinto tanto de Alex Barro preto do final.

Os de Felipe Mieres seguen líderes con 12 puntos, en solitario, e cun encontro menos. O segundo clasificado, o equipo de Valdoviño do Meirás, campión do ano pasado, visita o Poboado a vindeira semana.

Xogaron Lino, Carlos, Breijo, Pablo, Bruno, Vilela, Óscar, Chema, Cristian, Xose, Andrés, e despois Fraga, Alex Barro, Meidán, Jose e Derick.

CADETE. CD AS PONTES-MEIRÁS CF (5-2)

Vitoria do Cadete 5-2 ante o Meirás. Dous goles de Xoel Pena e un de Joan Tembrás poñían o 3-0, pero reducía distancias Manuel antes do descanso. Joan voltaba a poñer terra de por medio no reinicio, establecendo Alejandro o 4-2. Xa preto do final era Vicente o que facía o 5-2 definitivo.

Os de Rubén Pardo son cuartos con doce puntos por detrás dos tres conxuntos con pleno de vitorias, Ánimas, Narón A e San Pedro. A vindeira semana visitan ó Caranza B, que ten sete puntos.

Xogaron Andrei, Iván, Xavi, Alejandro, Santi, Eyob, Adrián, Dani, Joan, Xoel e Mohamed, entrando despois Edgar, Xan, Nono, Antonio e Vicente.

INFANTIL. CD AS PONTES-SRD PORTUARIOS (1-3)

O Infantil pontés perdeu 1-3 na visita do Portuarios, que se adiantou 0-2 nos primeiros minutos de encontro, e pese a recurtar distancias os de Rivas preto do final, un terceiro gol dos ferroláns co tempro cumprido deulles a vitoria.

Con seis puntos, na seguinte xornada visitan ó Galicia de Caranza C, que ten tres. Xogaron Mario Regueiro, Eloy, Xose, Anxo, Samuel, Mario Fraga, Xoel, Hugo Blanco, Sergio, Jandro López, Alejandro e despois Íker, Ángel, Ismael e Diego.

ALEVÍN. EFR FERROL C-CD AS PONTES A (1-3)

Terceira vitoria do Alevín A, nesta ocasión 1-3 ante o Racing de Ferrol C, co que siguen líderes, empatados a puntos con Galicia de Caranza e Numancia B, descansando a semana que vén.

BENXAMÍN. SRD PORTUARIOS-CD AS PONTES A (3-4). EUME DEPORTIVO–CD AS PONTES B (3-0)

O Benxamín A gañou 3-4 en Ferrol ao Portuarios, e con seis puntos, a vindeira semana reciben ó Meirás, sen puntuar. O Benxamín B perdeu 3-0 en Pontedeume, no seu debut, recibindo a vindeira semana ó Cariño, que hoxe perdeu 1-3 co Neda.

PREBENXAMÍN. CD AS PONTES A-NARÓN O FREIXO B (13-0). CULTURAL MANIÑOS SD-CD AS PONTES B (2-5)

O Prebenxamín A venceu 13-0 ó Narón O Freixo B, e visita ó Ortigueira, que gañou 1-8 ó Cedeira B. Mentres, o Prebenxamín B gañou 2-5 á Cultural Maniños, e recibirá ó Ánimas, que gañou 6-1 ó Cedeira A.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios