RESULTADOS CD AS PONTES SEMANA 23-24-25 FEBREIRO

Empate en Ordes do primeiro equipo. Vitoria do Feminino, Infantil, Benxamín B

PREFERENTE
ORDES SD-CD AS PONTES (1-1)

Empate do As Pontes no Campo de Vista Alegre. Decidiuse todo no derradeiros instantes, i é que se adiantou o cadro azul faltando poucos minutos tras un tanto do seu único dianteiro, trala marcha de Eloy, Adrián Iglesias, que xa leva once tantos o de Agolada.

Pero non soubo manter a ventaxa o cadro azul e no desconto empataba o Ordes por medio de David Suárez. Segue tamén a igualdade na terra do queique, con dez triunfos para cada equipo e seis empates.

Paiosaco (57) e Polvorín (56) teñen pe e medio en terceira, seguidos de Ribadeo (48), As Pontes (46) e Arteixo e Arzúa, que retorna, ambos con 45.

Precisamente o cadro arteixán visita a vindeira xornada o Poboado, un equipo que cando o visitou o As Pontes estaba en postos de descenso e subiu como a escuma ata situarse a un punto dos azuis.

Xogaron Paco, Criado (Fidi 62´), Alex, Rego, Dani, Maroñas, Martínez (Troncho 80´), Bossa, Iglesias, Quique, Pardo (Ramos 46´).

FEMININO
CD AS PONTES-SCD GALICIA DE MUGARDOS (6-0)

Goleada do feminino ante o Galicia de Mugardos, que marchaba 2-0 ós dez minutos de xogo, e nos últimos dez de encontro anotaron outros catro. Dous tantos de Paula Castro e Paula Baamonde, e un de Yoli e Indira.

Terceiras con 44 puntos, visitan ó Cebarca, undécimo. Xogaron Leti, Yoli, Carolina Paz, Indira, Noelia, Nerea, Xeila, Paula Castro, Carlota, Paula Baamonde e Uxía.

CADETE
CD AS PONTES-RACING SAN PEDRO (3-5)

O Cadete perdeu 3-5 co San Pedro. Nun encontro con moitas alternativas no marcador, os ferroláns marchaban 3-4 e acabaron sentenciando no desconto. Tantos de Jandro, Luis e Vicente.

Sétimos con 14 puntos, descansan na vindeira xornada. Xogaron Andrei, Adrián, Santi, Samuel, Antonio, Nono, Luis, Xan, Vicente, Jandro, Xavi, e despois Xoel, Xose, Xoel Purriños, Mohamed e Iván.

INFANTIL
CD AS PONTES-SDR NUMANCIA DE ARES CF (4-3)

Triunfo do infantil 4-3 ante o Numancia. Partido moi disputado que os de Ares igualaron ata por tres ocasións, ata que no desconto chegou o tanto da vitoria.

Quintos con 23 puntos, reciben ó Ánimas, noveno. Xogaron Hugo, Xose, Íker, Anxo, Mario, Sergio, Ángel, David (1), Hugo, Diego (1), Eloy, e despois Xoel (2), Alejandro, Mateo, Iago e Francisco.

ALEVÍN
CD AS PONTES A-EF RACING DE FERROL C (3-3)
CULTURAL MANIÑOS SD-CD AS PONTES B (5-1)

Empate 3-3 do Alevín A ante o Ferrol C, que conseguiu remontar un 1-3 con tres tantos de Anxo Blanco. Quintos con 14 puntos, reciben ó Galicia de Caranza, segundo. O Alevín B perdeu 5-1 co Maniños, Xalo González, e cun punto reciben ó penúltimo con catro Meirás B.

BENXAMÍN
CD AS PONTES A-CCRD PERLÍO (1-2)
CCRD PERLÍO B-CD AS PONTES B (0-4)

Derrota do Benxamín A 1-2 ante o Perlío, xa que a pesar do tanto de Nicolás Meizoso, os de Fene remontaron no segundo tempo e ascenden á segunda praza, pola terceira dos ponteses, ambos con 21 puntos. Na vindeira xornada reciben ó líder Racing de Ferrol. O Benxamín B pola súa banda gañou 0-4 ó Perlío B, con dous tantos de Naúl Suárez e Omar Penabad. Cuartos con 17 puntos visitan ó colista sen puntuar Cedeira.

PREBENXAMÍN
SCDR GALICIA DE CARANZA C-CD AS PONTES A (5-1)
CD AS PONTES B-SCDR GALICIA DE CARANZA (0-4)

Derrota do Prebenxamín A 5-1 ante o líder Caranza C, pese ao tanto inicial de David Otero. Cuartos con 15 puntos, reciben ó Caranza B, sétimo. O Prebenxamín B pola súa banda perdeu 0-4 ante o Caranza, e sétimos con seis puntos visitan ó Ferrol C, sexto con nove.

Nova cortesía de Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios