SEGUNDA TERRITORIAL GALEGA. CR FENDETESTAS 19 – KALEIDO UNIVERSIDADE DE VIGO B 10

O equipo pontés remata a Liga con trece triunfos e unha soa derrota

O Fendetestas pontés de rugbi venceu este domingo 19-10 ó Vigo B polo que remata a Liga con outra vitoria.

Os verdes chegaban ó descanso con 12-0, con dous ensaios de Javier e unha transformación de Rober. Pero os vigueses, que se xogaban a súa praza no play off recurtaron distancias no segundo tempo cun ensaio, transformación e un golpe de castigo, situándose co 12-10 a unha soa acción de remontar.

Pero foron os ponteses os que sentenciaron nos derradeiros instantes cun ensaio de Antonio e a transformación de Rober, situando o definitivo 19-10 no marcador.

Teñen os verdes unha inmaculada traxectoria de trece vitorias, por unha soa derrota, na visita ó segundo Zalaeta (29-14). Rematan con 62 puntos, con 13 de ventaxa sobre o segundo.

Xogarán o play off como campións ante o cuarto, o Muralla de Lugo. Na outra semifinal, segundo contra terceiro, Zalaeta contra Santiago.

Xogaron Antón, Pablo (Roberto 73´), Joel, Toño, Rober, Xose, Antonio, Javier (Varela 41´), Iván, Andrés, Óscar, Rafael, Ramón (Jesús 1´), Víctor, Anxo.

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios