RESULTADOS CLUB PIRAGUISMO GRUPO XUVENIL NOS CAMPEONATOS GALEGOS DE INVERNO de K-1.
Castrelo de Miño (Ourense) 17/02/2024.
O pasado sábado día 17 celebraronse no parque náutico de Castrelo de Miño os Campeonatos galegos de inverno en embarcación individual para as categorías Senior, Sub-23 e Xuvenil, sobre a distancia de 5000 metros.
O clube pontés acudeu con dous padexeir@s e estes foron os seus resultados:
- Na categoría muller sub-23, Celia Durán Iglesias clasificouse na octava posición entre as 27 padexeiras participantes.
- Na categoría senior, o veterán Antonio Polo Campello acadou o 14º posto nunha regata na que participaron 74 padexeiros.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil.