Amigus
As Pontes

Resultados do Grupo Xuvenil-Matojoma no Campionato de España de Maratón de Piragüismo

Os días 17 e 18 de agosto esputouse en augas do Lérez ao seu paso por Pontevedra o Campionato de España de Maratón de Piragüismo, que foi tamén campionato Galego da modalidade.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Nunha proba cunha altísima participación de clubs de toda a xeografía española os padexeiros ponteses acadaron os seguintes resultados:

Celia Durán 3ª nacional no k1 muller cadete, e 1ª galega.

Antón García e Pablo Vispalia 17º a nivel nacional e 4º no cómputo de galegos en k2 home cadete.

Antonio Polo e Carlos Pedreira foron 1º tanto de España como de Galicia en k2 home veterano 35-39 anos.

Ernesto Gancedo 7º nacional e 4º galego en k1 home veterano 45-49 anos.

Fotos cortesía de Inés Domínguez, Alfredo Bea e Beatriz Rosales.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil Piragüismo As Pontes.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios