Resultados nos campionatos de España e galego de maratón
Celebrouse esta fin de semana o Campionato de España de piragüismo na modalidade de maratón no que participaron 670 padexeiros e 88 clubs de toda España. Paralelamente disputábase tamén o campionato Galego nas distintas categorías.
O club Grupo Xuvenil desprazou 8 padexeiros á regata celebrada no río Lérez. O Sábado disputáronse as regatas individuais; na categoría xuvenil a padexeira pontesa Celia Durán Iglesias acadou o 4º posto no campionato de España e proclamábase ao mesmo tempo campioa galega no K1 muller xuvenil.
No K1 home xuvenil Lucas Valle Hernández clasificouse no 31º lugar e 13º galego
Na categoría cadete muller k1 a pandexeira Inés Domínguez clasificouse no 18º posto de España e 5ª galega.
Na categoría veterano o padexeiro Antonio Polo Campello proclamouse campión de España e campión galego, ademais Ernesto Gancedo Herreras finalizou no 5º posto de España e 3º galego.
Na xornada do domingo competiron os barcos de equipo; na categoría xuvenil Antón García Bellas e Pablo Vispalia Díaz acadaron o 13 º posto de España e 4º galegos e os veteranos Antonio Polo e Carlos Pedreira remataban no 1º posto no campionato de España e no galego na súa categoría.
Nova cortesía do Grupo Xuvenil