Amigus
As Pontes

RESULTADOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 12-14 OUTUBRO

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Triste derrota do segundo equipo en Neda 1-0, ó que o leva a perder o liderato e baixar ata a quinta praza. Terá a oportunidade o cadro azul de reengancharse ós primeiros postos o vindeiro fin de semana se consegue gañar ó compricado San Mateo.
O equipo feminino logrou a súa vitoria máis abultada a domicilio dende que comezou a competir, 1-11 ante A Baña que se estrea na competición. A protagonista do encontro foi Leti que mantivo a súa meta a cero na primeira metade e meteu tres goles na segunda. A propia Leti con 3, Noelia e Carlota con 2, e un de Yaiza, Mireia, Alba e Vicky redondearon o marcador e Tania marcou de penalti o da honra para as locais. Un rival compricadísimo como é o do Monte Forte visita ó Poboado o vindeiro fin de semana, pero as de Salido xa suman 4 triunfos en 5 encontros. Xogaron Leti, Carmela (Yaiza 46´), Silvia (Patri Dopico 46´), Jani, Andrea (Lía 44´), Mireia, Sara, Noelia (Vicky 46´), Paula, Carlota, Alba. (Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/).
leti.jpg


Para os máis pequenos maratoniana fin de semana con pouco descanso para eles e os pais e moitos partidos.
Os cadetes de Marcos Bouza tiveron dous osos duros de roer e sacaron catro puntos, recibiron ó sempre complicado Eume Deportivo ó que venceron por 2 a 1 (Alex Fernández, Iago) nun partido bronco e logo empataron a 2-2 (Alberto Lozano, David Rey) en Sinde contra O Val, que ata agora sumara os seus 4 partidos por 4 vitorias. Aúpanse á terceira posición con 11 puntos, liderando O Val e Meirás con 13. O vindeiro fin de semana reciben no Poboado ó Racing San Pedro, que suma un triunfo.
cadete-001.jpg
cadete-001.jpg
cadete-001.jpg
cadete-001.jpg
cadete-001.jpg
cadete-001.jpg
cadete-001.jpg
Gran paso do Infantil de Iván Rodríguez que na dobre competición en dous días arrincou un 0-7 (Andrés 3, Jandro 2, Eloy, Adrián) en Neda e un 5-1 (Josiño, Adrián, Andrés, Alberte e propia meta) ó Cedeira ó que o leva a sumar pleno de 15 puntos en 5 encontros e liderar a táboa empatado a puntos co Racing de Ferrol e seguidos por Eume e Narón BP con 12. A vindeira semana visitan ó EFG Caranza.
infantil-001.jpg
infantil-001.jpg
infantil-001.jpg
infantil-001.jpg
infantil-001.jpg
infantil-001.jpg
Bos resultados do Alevín A, empatou en Cariño 1-1 (Dani Dasilva), o equipo cariñés sumaba ata o de agora pleno de puntos, e vitoria en casa 6-1 (Chema 2, Javi, Mateo, Dani Dasilva, Antón Cillero) ó Amistade de Meirás B. Sextos con 8 puntos e un encontro menos o sábado visitan o EFR Ferrol B.
O Alevín B perdeu 1-4 (Xoel Pena) co Val B e co Racing de Ferrol 7-1. Aínda non sumou ningún punto e o sábado visita O Poboado o Cedeira que suma un triunfo e tres puntos.
Moi ben o Benxamín A que gañou 0-3 (Joan 2, Javi) ó Perlío B e 4-0 (Joan 2, Javi 2) ó Animas. Terceiros, tres partidos, tres vitorias, un partido menos, o sábado visitan ó Cebarca que vai último(Foto Javi-Joan).
benxamin-A-001.jpg
benxamin-A-001.jpg
benxamin-A-001.jpg
benxamin-A-001.jpg
benxamin-A-001.jpg
benxamin-A-001.jpg
benxamin-A-001.jpg
O Benxamín B pola súa banda perdeu 1-15 (Yadai) co Narón BP e 14-1 contra o Perlío. Cunha vitoria en catro partidos o sábado reciben ó Rápido de Neda que suma 12 puntos cunha soa derrota.
benxamin-B-001.jpg
benxamin-B-001.jpg
benxamin-B-001.jpg
benxamin-B-001.jpg
benxamin-B-001.jpg
benxamin-B-001.jpg
benxamin-B-001.jpg
benxamin-B-001.jpg
benxamin-B-001.jpg
benxamin-B-001.jpg
O Prebenxamín A perdeu 2-7 (Eloy, Alex Montero) co Rápido de Neda B e 5-4 (Alex Montero 2, Eloy Pita, Iago) co Eume. Suman un triunfo e o vindeiro sábado reciben ó Rapido de Neda que vai colista.
prebenxamin_a-001.jpg
prebenxamin_a-001.jpg
prebenxamin_a-001.jpg
prebenxamin_a-001.jpg
prebenxamin_a-001.jpg
prebenxamin_a-001.jpg
prebenxamin_a-001.jpg
prebenxamin_a-001.jpg
prebenxamin_a-001.jpg
prebenxamin_a-001.jpg
O Prebenxamin B gañou por 3-6 (Antón 3, David, Xandre, Anxo Blanco) ó Racing San Pedro, pero perdeu polo mesmo resultado 3-6 (David, Anxo Blanco, Antón) ante O Val na casa. Suman un triunfo e a vindeira xornada visitan ó Galicia de Murgados que vai lider e suma os seus partidos por goleadas.
prebenxamin_b-001.jpg
prebenxamin_b-001.jpg
prebenxamin_b-001.jpg
prebenxamin_b-001.jpg
prebenxamin_b-001.jpg
prebenxamin_b-001.jpg
prebenxamin_b-001.jpg
prebenxamin_b-001.jpg
prebenxamin_b-001.jpg
prebenxamin_b-001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios