Pleno de victorias para o Sílex na Liga Galega de Equipos

Cinco enfrontamentos coas súas cinco victorias. Este foi o resultado que colleitou o equipo do Clube Sílex dentro do grupo 1 da Liga Galega de Equipos 2012. Nesta xornada foron Cristina Castro, Daniel Castro, Javier Vázquez e Carlos Romero os compoñentes que defenderon as camisetas do Clube Sílex que conta dende este ano cos patrocinios de Tomymobile, vehículos multimarca, e Galiarco, tenda de arquería en Galicia.
2012-10-13-Liga-Galega-01.jpg
Con Cristina, Daniel e Carlos comezaron, os ponteses, gañando os dous primeiros enfrontamentos contra Arcon Narón – B e Arqueros de Cambre – B. Logo fixeron un cambio entrando Javier no sitio da arqueira infantil para vencer aos actuales campións da Liga, o equipo de Arco Ferrol; e seguidamente aos de Arqueiros da Chaira e do Clube Universitario da Coruña – A.
2012-10-13-Liga-Galega-02.jpg
Rematou así esta primeira xornada, que terá a continuación o vindeiro domingo día 4 de novembro no pavillón municipal das Pontes dende as 10:30. Volveranse a desputar enforntamentos todos contra todos entre os equipos de cada un dos grupos para, daquela si, establecer a clasificación definitiva nos grupos e os equipos que pasarán a pelexar polo título deste ano.
2012-10-13-Liga-Galega-03.jpg


Nova cortesía do Clube Sílex

También podría gustarte
Comentarios