Amigus
As Pontes

RESULTADOS CD AS PONTES FIN DE SEMANA 2-4 NOVEMBRO

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Xa pasaron anos e tempadas, concretamente dende a 2000-2001, o último ano en que o As Pontes xogou a fase de ascenso a 2ªB, que o primeiro equipo non se situaba en postos de promoción. O cadro de Manolo García logrou hoxe heroicamente e con moitas baixas, con so 14 xogadores do primeiro plantel máis os reforzos de Totti e Javi, vencer 0-2 na Illa de Arousa ó Céltiga, dobrete do Rooney de Portomarín (27´ e 72´) para situarse cuarto con 19 puntos, por detrás de Ferrol e Celta B, empatado a puntos con Somozas e Alondras, e vendo polo retrovisor a trasatlánticos como Pontevedra (18), Compostela (17) e Deportivo B (17), entre outros, algo que non recordan nin os máis vellos do lugar. Pero como non hai que marearse nas alturas o vindeiro fin de semana hai que volver a poñer o mono de traballo no encontro máis importante no que vai de tempada. Visita o Poboado un necesitado Narón BP, colista con 6 puntos, pero que aínda vai a dar moita guerra no que queda de Liga, como fixo hai dous anos. De poder conseguir os tres puntos os azuis neste dificilísimo partido terían a metade dos deberes feitos.
O cadro feminino de Salido perdeu 2-0 en Dubra, que marcha terceiro clasificado, por detrás de Monte Forte e Pastoriza. Marcaron Patricia de cabeza tras saque de córner (5´) e a goleadora Rebeca (32´) prantandose soa ante Leti. A pesar de acudir algo mermado e sen moitas xogadoras ofensivas, o cadro pontés non perdeu a cara, pero careceu de falta de pegada. As azuis son cuartas con 6 triunfos e 3 derrotas. A semana que ven reciben ó perigoso Tordoia. Xogaron Leti, Mireia, Silvia, Jani, Andrea, Noelia, Lía (Alba R 66´), Lau, Paula, Nato e Carla. (Cortesía de Javi Salido). Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com/.
Gran victoria do equipo xuvenil 0-1 en Negreira, tanto do brasileiro Magi, ó que o aúpa á 5º posición, con 15 puntos, a tres do ascenso que nestes momentos ocupa a Milagrosa con 18, e a 5 dun intratable O Val que suma 20 puntos e onte venceu 1-2 ó Galicia de Caranza. Un complicado rival a semana que ven, o Bergantiños, décimo con 12 puntos.
Gran victoria do cadete, 5-0, ante o Portuarios B, dobrete de David Rey e Nahúm e un de Doce. Continúa o triunvirato de cabeza, O Val, As Pontes e Meirás con 20 puntos, seguidos de Ánimas e Mugardos con 16. Precisamente compricadísima visita a que lle agarda ó cadro de Marcos Bouza o vindeiro sábado en Valdoviño.
cadete_001.jpg


cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
Sensacional victoria do Infantil 2-6 ante o Narón BP, hat trick de Ayrton, Andrés, Sergio Otero e Josiño, co que continúan mantendo o pulso co Racing de Ferrol, 22 puntos para ambos pero mellor goal average para os verdes, 21 para o Eume e 18 para o Narón BP. O vindeiro rival será o San Sadurniño na casa.
O Alevín A gañou 1-2 en Miño. É quinto con 14 puntos. O Alevín B estivo a piques de sumar algo positivo co Portuarios pero acabou perdendo 2-3, tantos de Vicente e Xan, e segue 12º con 3 puntos. Derbi no Poboado o vindeiro sábado, As Pontes A contra As Pontes B.
O Benxamín A perdeu 10-3 ante o líder Portuarios B, Javi (2) e Joan. Quintos con nove puntos reciben a O Val a vindeira semana. O Benxamín B perdeu 3-6 ante o Eume Deportivo, dous goles de Iker (foto) e Samuel. Continúan con tres puntos e visitarán o sábado ó Galicia de Caranza D que ten seis.
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
O Prebenxamín A gañou 6-1 ó Xuventude de Cabanas, dous de Iago, Alex, Ángel, Eloy e un en propia meta. Son terceiros con 12 puntos. Visitan ó Cedeira o próximo sábado. Mentres o Prebenxamín B logrou unha destacada victoria ante o EFR Ferrol C, 3-4,dobrete de Anxo e Antón, e xa son 4º con tres triunfos, xogando o sábado en casa contra o Racing San Pedro B.
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios