RESULTADOS CD AS PONTES. 5-9 DECEMBRO

Paso atrás do segundo equipo no seu intento de conseguir o ascenso ante un rival directo, tras caer 3-1 ante o Miño, gol de Borja. Pasan da cuarta a séptima praza con 21 puntos, a catro do líder Neda, que venceu ó líder anterior, San Mateo, 0-2, no partido da xornada. O próximo encontro contra o Galicia de Mugardos B, décimo con 17 puntos.
Peor lle foron as cousas ó equipo feminino, que en so tres xornadas da segunda volta xa suma tantas derrotas como en toda a primeira. Nesta ocasión volveu a caer contundentemente ante o Orzán B, 4-1, tanto de Vicky, igual que hai dúas semanas na Rúa, contra un equipo que como as ourensás foran goleadas na súa visita ó Poboado, pero que apenas unhas semanas máis tarde semellan ir a máis na Liga. Preocupante rival a semana que ven, o Conxo en Santiago, que igual que A Rúa e o Orzán B, tamén caeu goleado en As Pontes na primeira volta, neste caso, 5-0. (Máis información en http://aspontesenfeminino.wordpress.com).
O equipo xuvenil, logrou un valioso empate a 0-0 na súa visita a Vilalba e mantense na sexta praza con 25 puntos. A vindeira fin de semana ten un gran rival, a Milagrosa lucense, que este pasado xoves venceu ó segundo clasificado, O Val, que ten 30 puntos. Lidera o Caranza con 33.
O equipo cadete venceu 1-0 ó Narón BP, tanto de Brais Blanco, e con dúas victorias e seis puntos situase terceiro xunto a Caranza, O Val e Perlío. Precisamente ó cadro de Fene en Os Pinares rendirán visita o vindeiro sábado. Debutaron co equipo cadete Jorge, Alberte, Lino e Sergio Fraga. Anteriormente fixerao Josiño.
cadete


cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
cadete
O equipo infantil non tivo tempo para saborear o seu título de Copa e apenas dous días despois tivo que defender o seu “cinturón” en Ares ante o Numancia onde venceu 0-5 e son terceiros con seis puntos, empatados a puntos con Racing de Ferrol, Eume e O Val. O vindeiro sábado reciben ó Animas de Ferrol. Tantos de Jandro, Capela, Bruno, Alex e Andrés.
O Alevín A venceu 2-0 ó Narón BP B, Antón Paz e Dani DaSilva, e garantiu a súa presenza no grupo A da seguinte fase, e ademáis pola porta grande, no segundo posto con 29 puntos. Acompañanlle na seguinte rolda, Galicia de Caranza B, Racing de Ferrol, Portuarios B, Mugardos, San Pedro B, O Val, Amistade Meirás e Narón BP, máis o cuarto mellor clasificado que parece ser o Caranza D ou no seu detrimento, o Cariño.
O Alevín B perdeu 3-0 ante o EFR Ferrol B, rematou decimosegundo con 6 puntos e xogará no Grupo D na seguinte fase.
O Benxamín A perdeu 2-3 (goles de Alejandro) co Rápido de Neda e terceiros con seis puntos o próximo sábado visitarán ó Numancia de Ares que marcha segundo. O Benxamín B descansou e a semana que ven recibe ó Portuarios.
No seu debut no Grupo A o Prebenxamín A perdeu 2-3 co Eume, Alex Montero e David Criado, e a vindeira semana visitará ó Galicia de Caranza que comezou líder e metendo medo tras gañar 1-9 ó Val.
O Prebenxamín B empatou 2-2 co Caranza D, Bruno e David, e a semana que ven decansan.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios