RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

Gran victoria do CD As Pontes en Narón por 0 goles a 4. Adiantou Bossa ós azuis e un hat trick de Hugo Soto completou a goleada e os tres puntos. O cadro pontés situase séptimo na táboa clasificatoria con 19 puntos, e o próximo fin de semana xogará no Campo do Poboado co Cultural Areas de Ponteareas.
O equipo xuvenil B perdeu o seu primeiro partido de Liga en Cedeira por 3-0. Siguen terceiros con 20 puntos e a semana que vén recibirán ó Meirás.
O equipo cadete de Iván Rodríguez gañou 0-3 en Ferrol ó Portuarios e sitúase na terceira posición xogando o próximo sábado no Poboado contra o Eume que vai de cuarto e empatado a puntos cos azuis.
Malas noticias para o equipo infantil que no duelo entre os dous primeiros perdeu co Narón 0-2, nun partido no que mereceu mellor sorte o cadro local e no que ambos conxuntos dispuxeron de moitas ocasións. Xogaron Ángel, Alex Blanco, Raquel, Brais Martínez, Iván, Hulk, David Rey, Brais Blanco, Iván Jarel, Nahúm e Alex Fernández. No segundo tempo entraron Ángel Caínzos, Jonathan e Vázquez. Marchan segundos con 15 puntos e o próximo sábado xogarán en Cedeira. O adestrador dos líderes naroneses, un pontés, Iván Leal Bouza.
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg


cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
Quen si deu un paso importante foi o Alevín A, no outro duelo entre os dous primeiros clasificados o As Pontes venceu ó Eume por 1 gol a 2, tantos anotados polos seleccionados Josiño e Andrés. Os azuis van líderes con 18 puntos e esta semana reciben ó Barallobre.
O Alevín B pola súa banda gañou 10-0 ó Meirás. Marchan séptimos con 10 puntos e o próximo sábado viaxan a Ortigueira. Marcaron a pares D.Otero, Diego, Eloy, Alex, e con un Alberte e S.Fraga.
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
O Benxamín A gañou 0-9 en Barallobre, con catro de Mateo, dous de Jorge e un de Antón Paz e Antón Cillero. Agora mesmo é quinto con 9 puntos recibindo o próximo sábado ó Cariño.
O Benxamín B pola súa banda empatou a 2-2 co EFR Ferrol, tantos de Xan e Nono, nun encontro que ían gañando 2-0 pero que os ferroláns acabaron igualando. Visitan ó Cedeira.
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
O prebenxamín A empatou en Fene co Perlío 1-1 e marcha oitavo con 4 puntos. Recibe o sábado ó Cedeira B.
O prebenxamín B perdeu 1-10 co Galicia de Caranza B, Iker marcou o tanto da honra. Outro que tamén visita Cedeira a semana que vén.
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
cdaspontes_13-14_nov-001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios