TERCEIRA REXIONAL. CD AS PONTES 1 BEMANTES 0

Importante victoria do segundo equipo do As Pontes ante un rival directo no partido xogado na tarde de hoxe.
Na primeira parte resaltar unha boa intevención de Juan, que supliu moi ben a Iván, que hoxe estaba en Narón co primeiro equipo, e sobre todo a ocasión máis clara, unha boa falta lanzada por Borja que petou no poste.
No segundo tempo, no 54´ o gran capitán Vicente marca desde fóra da área de tiro cruzado, incluso puido ampliar a ventaxa o As Pontes en boas ocasións, pero faltando dez minutos o colexiado expulsou a Borja coa segunda amarela e o equipo sufriu nos últimos minutos.
Pero a defensa estivo fina, moi ben Fran e Hugo nalgúns cortes, e os azuis suman tres puntos vitais que deixan ó cadro de Calpita con 16 puntos en terceira posición e cun partido menos, o pendente co Narahío. Primeiro está o Caranza con 20 e segundo o Miño con 19.
cdaspontes_bemantes-001.jpg


A semana que vén rendirán visita ó Libunca en Ferrol e agardarán conseguir un bo resultado.
Xogaron Juan, Antón (Amadi 80´), Alex Antón (Fernando 52´), Carlos, Fran, Mourín (Iván 69´), Junior, Danilo (Hugo 45´), Borja, Vicente e Adrián Criado.
cdaspontes_bemantes-001.jpg
cdaspontes_bemantes-001.jpg
cdaspontes_bemantes-001.jpg
cdaspontes_bemantes-001.jpg
cdaspontes_bemantes-001.jpg
cdaspontes_bemantes-001.jpg
cdaspontes_bemantes-001.jpg
cdaspontes_bemantes-001.jpg
cdaspontes_bemantes-001.jpg
cdaspontes_bemantes-001.jpg
cdaspontes_bemantes-001.jpg
cdaspontes_bemantes-001.jpg
cdaspontes_bemantes-001.jpg
cdaspontes_bemantes-001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios