RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

O equipo de Terceira División aguantou o chaparrón na primeira metade e incluso se chegou a poñer por diante pero o envite era moi complicado e no segundo tempo o Pontevedra tirou de calidade e contra dez xogadores acabou gañando 4-1. En complicada situación queda o As Pontes, 17º, en postos de descenso con 8 puntos. A semana que ven terá un duelo vital contra o Lalín, que agora vai de colista, haberá que tentar que o do ex-colista Sanxenxo non volva a acontecer e lograr tres puntos que semellan primordiais.
O líder da Segunda autonómica Numancia de Ares goleou 5-0 ó As Pontes que perdeu o seu primeiro encontro da temporada. A semana que vén recibirán ó Rápido de Neda.
O segundo xuvenil empatou 2-2 en Cariño. Vai na 6º posición con 7 puntos e a semana que ven recibe ó Perlío.
As mellores noticias da semana traenas sen dúbida o equipo cadete, que onte gañou 8-0 ó Amistade de Meirás, o que sumado ó 7-0 de fai tres días ante o Racing San Pedro B prácticamente garantenlle a primeira posición e unha praza nas semifinais, onde a día de hoxe se enfrontarían ó Val, que xa gañou a Copa ó As Pontes a tempada pasada pasado con moitos xogadores de primeiro ano. Na outra xogarían Galicia de Caranza e Narón Balonpé, tal é como están as clasificacións a día de hoxe, asi que hai que asegurar a clasificación con un par de victorias nos catro partidos que quedan. Xogaron Ángel, Alberto, Jandro, Caínzos, David, Hulk, Rey, Iván, Brais Blanco, Nahúm e Diego Filgueiras. No segundo tempo saíron, Alex, Brais Martínez, Jorge, Rooney e Manu. Marcaron sendos hat trick Diego Filgueiras e Brais Blanco, máis dous goles en propia meta dos visitantes.
cadete_01.jpg


cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
cadete_01.jpg
O equipo infantil despediuse da competición copeira con unha victoria, 5-1 ante a Cultural Maniños, con tres goles de Jose, un de Iago Vázquez e outro de Josiño. Acaban na segunda praza con 10 puntos, lonxe dos inalcanzables 18 puntos dun Eume que fixo pleno e postulase como candidato xunto ós equipos de Ferrol. Ortigueira-Racing de Ferrol, EFR Ferrol-O Val, Numancia de Ares-Eume Deportivo e San Sadurniño-Portuarios serán os cuartos de Final.
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
infantil_01.jpg
A xornada para os representantes no fútbol pequeno non foi moi boa, agás para o Alevín A.
O Alevín A gañou 12-6 ó Galicia de Caranza D e continúa líder con Caranza B, Amistade Meirás e Eume B. Precisamente os ponteses e os de Pontedeume veranse as caras o vindeiro sábado no Poboado. Catro goles de Sergio Otero, dous de Chema e Alex, un de David, Cazás, Bruno e Eloy.
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
alevin_01.jpg
O Alevín B perdeu 5-1 co EFR Ferrol E e esta semana descansa na décima posición con dúas derrotas en dous partidos.
O Benxamín A perdeu 9-4 co EFR Ferrol. Difícil terán conseguir o seu primeiro punto a semana que ven, pois reciben ó todopoderoso Galicia de Caranza
O Benxamín B pola súa banda perdeu 1-6 co Meirás, tanto de Joan. Visitarán a semana que ven ó Cedeira B, que tampouco sumou ningún punto no que vai de competición, e tratarán de buscar a victoria.
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
benxamin_01.jpg
O Prebenxamín A non puido defender con éxito o seu liderato e perdeu 4-3 ante o Rápido de Neda B. Con Racing San pedro, EFR Ferrol e Galicia de Caranza nos primeiros postos xogarán en Sinde contra O Val a semana que vén.
O Prebenxamín B perdeu 0-12 ante o Galicia de Caranza B. A semana que ven reciben ó Cedeira.
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
prebenxamin_01.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios