RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

O equipo feminino, igual que os maiores, segue a adoecer de falta de gol, e este domingo perdeu ante o descendido Atlético Melide por 1 gol a 0. No partido desputado no Municipal de Melide, as de Salido perderon por un tanto anotado por Belén no minuto 65´, que foi a única ocasión local xunto a un tiro que acabou parando Leti no desconto xa xogando con tres defensas. A primeira metade foi de dominio azul, a destacar un tiro ó longueiro de Silvia e unha falta perigosa de Noelia e máis ocasións fallidas que reclaman con urxencia unha nove. No segundo tempo igualouse máis a contenda ata que tras un saque de córner as do Melide lograban o tanto que lles daba os tres puntos. Xogaron Leti, Mireia, Silvia, Jani, Noelia, Andrea Pita (Patricia Rochela 76´), Lía (Alba Romero 76´), Alba Barro, Clara (Carmela 80´), Carlota, Laura Permuy (Yaiza 54´) e polas locais Tamara, Natalia, Angeles (Verónica 74´), Silvia, PatriciaS, Lucía (Cristina 70´), Belén, MaríaP (PatriciaF 54´), Dulce, MaríaA, Andrea. Arbitrou o colexiado de Lalín Jose Manuel Vázquez Otero. (Cortesía de Salido)


O segundo equipo pontés perdeu 3-0 na casa do AD Miño e continúa nunha zona incómoda, 12º con 15 puntos. Deberán aproveitarse dos dous encontros seguidos que teñen na casa contra dous vellos coñecidos, o martes ante o Galicia de Caranza no partido que fora aprazado pola folga e o domingo ante o Ánimas.
Gran victoria do Xuvenil de Liga Galega ante o veciño Viveiro por 1-3, co que seguen decimoprimeiros, pero xa con 17 puntos, e alonxan un pouco os postos de abaixo. Segue líder o Vilalbés con 31, Compostela ten 26 e Atlético Fátima 24. A vindeira semana precisamente recibirán ó líder en casa nun partido que suporá un reto para o equipo ex de Liga Nacional.
O Xuvenil B fixo a hombrada de remontar un 0-2 no descanso para acabar goleando ó Miño 4-2, con tantos dos xuvenís de primeiro ano Álvaro (2), Alberto e Gonza de penalti. Son novenos con 13 puntos e a semana que vén descansarán por retirada do Ortigueira. (Lamentamos non poder disponer das moitas imaxes que si se fixeron no encontro do sábado).
O cadete pontés despois de quedar eliminado na Copa debutou na Liga vencendo 0-5 en Miño, tantos de Rooney (2), Iván, Brais Blanco e Alex Fernández. Reciben ó Narón a semana que vén que se estreou na Liga goelando 12-1 ó EFG Caranza. Antes o martes deberá disputarse a final de Copa, O Val-Galicia Caranza.
O equipo infantil goleou 0-9 ó colista Amistade de Meirás e luciuse o dianteiro Jose que marcou 5 goles, completaron a renta Josiño, Raquel, Iago e un tanto en propia meta. Xa se sitúan cuartos con sete puntos, xogando este xoves en casa ante o Ánimas. O martes, a final de Copa, Ortigueira-Eume.
Segue cumprindo con creces o Alevín A que este sábado gañou 7-3 ó Ortigueira, compartindo liderato con 24 puntos co Galicia de Caranza. Perlío e Amistade de Meirás teñen 22, e Eume B que non xogou ten 21. Visitan ó Miño na próxima xornada. Tantos de Manu (2), Eloy, Bruno, Sergio Otero, Chema e Alex.
O As Pontes B perdeu 8-0 co líder Narón BP e tentará sumar o seu primeiro punto recibindo o sábado ó sexto clasificado Caranza C.
Goleada do As Pontes 11-0 ante o Narón BP C, os azuis situanse séptimos con 13 puntos e este sábado irán a Pontedeume a xogar contra o colista Eume. Goles de Xan (3), Nono (2), Xabi, Xoel Pena, David G, Trastoy, Adrián e Antonio.
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
O Miño gañou 9-1 ó As Pontes B benxamín. Son duodécimos os azuis con 3 puntos e a semana que ven descansan.
O Prebenxamín A perdeu 6-0 na casa do todopoderoso EFR Ferrol e marchan séptimos con 15 puntos, xogando o sábado que ven contra o penúltimo EFR Ferrol C.
Derrota dos máis noviños do Prebenxamín B ante o Numancia de Ares 0-3. Son décimosegundos con 4 puntos e a semana que vén visitan ó EFR Ferrol B que vai un posto e dous puntos por riba.
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios