RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

Seguimos sufrindo co equipo de Terceira División que comezaba pronto gañando o seu encontro tras adiantarse por medio dun tanto de Hugo Soto, pero foi un espellismo, pois a raíz do gol os locais foron a polo empate e Simón estivo moi fino en dúas intervencións. Os pontevedreses quedaban cun menos a falta de 20 minutos ó lesionarse un xogador e ter feitos os cambios, pero o colista Sanxenxo, con dez xogadores, foi quen de marcar a cinco minutos do final por medio de Cuchi e fuxiron outros dous puntos para o As Pontes, contando ademáis cun Celta B que anda moribundo, e o rexurdir de Bergantiños a semana pasada, e Estradense esta semana, gracias ó Racing de Ferrol. O vindeiro sábado chega a As Pontes o Somozas en duelo de rivalidade. Un equipo verdibranco que está que se sae con Quintana en estado de gracia, reforzandose ademáis co dianteiro da selección galega Permuy no mercado de inverno. Nin que dicir ten que o Poboado terá que rozar o cheo para prantar cara e tentar lograr os tres puntos que se presentan vitais. Somozas ten 37, Bouzas 36, Dorneda 34, Vilalonga 32, Negreira 31, Racing de Ferrol 30 e Bergantiños 29, en posición actual de descenso, As Pontes 26, Estradense 24, Areas 20, Betanzos 20, Lalín 18 e Sanxenxo 17. O sábado ás 17:00 cita obrigada para todos os ponteses no Campo do Poboado.
Sensacional o segundo xuvenil, en liña ascendente, que venceu 1-3 ó Meirás, para colocarse na oitava posición con 23 puntos, recibindo na próxima xornada ó Cariño, tres puntos por debaixo. Goles de Saviola, Keko e Lucho.
O equipo cadete gañou sufridamente ó Numancia 4-3 e iso que se lles compricou, e moito, o encontró pois ían gañando 4-0. Manteñen a terceira posición, empatado a puntos co Narón BP, con 18, por detrás do líder Galicia de Caranza que ten 21. A semana que ven visitan ó complicado Perlío. Dous goles de David Rey, Diego Filgueiras e un en propia meta.
cadete_001.jpg


cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
cadete_001.jpg
O equipo infantil venceu 2-0 ó Racing San Pedro. Son quintos con 17 puntos, e o sábado que ven, xa na segunda volta, reciben ó complicadísimo Racing de Ferrol, que vai segundo a tres puntos do líder Portuarios. Goles de Josiño e Jose.
O todopoderoso Eume B Alevín, que viña gañando por amplias goleadas todos os seus compromisos, venceu por 3-1 a un combativo As Pontes que prantou cara en todo momento. Son líderes os de Pontedeume con 45 puntos, por 40 Perlío e Amistade de Meirás, Caranza B 39 e As Pontes 30. Os azuis reciben ó Meirás a semana que ven. Tanto de Diego Criado.
Sensacional o Benxamín A que venceu 0-1 na casa dun dos “gallitos”, Galicia de Caranza, o gol de Xabi Gabeiras que os leva a situarse novenos con 22 puntos recibindo o sábado ó Perlío B que marcha séptimo cos mesmo puntos.
Non puido prolongar a súa racha o Benxamín B e perdeu 2-5 na casa ante o Cedeira B, que ía un posto por riba. Undécimos con seis puntos, o próximo sábado acudirán a Fene a xogar contra o Perlío. Dous tantos de Joan, que a semana pasada xa meteu os catro do seu equipo.
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
benxamin_001.jpg
O Prebenxamín A perdeu 1-4 co Val, gol de Isma, co que os valexos apuntalan a súa terceira posición, namentres que os azuis continúan quintos con 30 puntos, visitando ó colista Cedeira B o próximo día 18.
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
prebenxamin_001.jpg
Os máis noviños do Prebenxamín B perderon 3-1 en Cedeira, continúan duodécimos con 8 puntos e a próxima xornada reciben ó Ánimas que marcha sexto. Tanto da honra, como non, de Alex Montero.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios