Amigus
As Pontes

Inauguración da exposición Contornos

Con motivo da celebración da XXXII Feira do Grelo, O concello das Pontes vai acoller a exposición CONTORNOS V exposición itinerante de Madeira Torneada itinerada pola Fundación centro galego de Artesanía e do deseño.
Nesta mostra poderán ver unha escolma de pezas dos participantes no XI Encontro de torneiros en Galicia, celebrado en setembro de 2011 en Xermade. Recolle o traballo de distintos autores con alta calidade artesanal e artística. Os protagonistas desta edición son de distintas nacionalidades, e de entre todos eles destacar a presenza de 7 torneiros ponteses: Antonio Justo, Fernando Vérez, Fernando Vigo, José García Otero, Jose Luis Bernat, José Pena e Manuel Castro.
O mércores 15 de febreiro farase o acto de inauguración o mercado Vello ás 13h


Nova cortesía da Concellería de Cultura do Concello das Pontes

También podría gustarte
Comentarios