RESULTADOS DA FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES. 12-13 XANEIRO

Sufrida vitoria (1-2) do segundo equipo pontés ante o penúltimo clasificado, Xuventude de Cabanas; pero, tres importantes puntos ó fin e ó cabo. Mantén a cuarta posición, agora con 30 puntos, a un de San Mateo e Rápido de Neda, e a dous do líder Miño. Nun partido que será moi complicado visitan a semana que vén ó Capela no inicio da segunda volta.
Non puido xogar o As Pontes xuvenil o seu partido ante o ex líder O Val por atoparse o campo anexo do Poboado totalmente encharcado e embarrado. Á espera de nova data para o encontro, o vindeiro sábado reciben no Poboado ó Eume Deportivo no comezo da segunda volta.
Vitoria do equipo cadete (1-5) en Ferrol diante do Ánimas. Son terceiros con 10 puntos e o sábado reciben ó potente Galicia de Caranza, que esta fin de semana tras 16 partidos sentiuse equipo deste planeta ó perder os dous primeiros puntos no que vai de ano entre Liga e Copa ó empatar na casa ante o Eume Deportivo (1-1). Lidera o Val con 15 puntos.
O As Pontes infantil gañou por 6-0 ó Cultural Maniños nun partido que tivo que xogar no campo dos Calzados, da Capela, polo mal estado dos terreos de xogo do Poboado. Segundo con 13 puntos, a dous do Racing de Ferrol, o sábado, partidazo contra os verdes partido no que se pode decidir media Liga.
No grupo A empate (2-2) do o alevín A ante o Racing San Pedro B. Terceiros con 4 puntos visitan o vindeiro sábado ó Racing de Ferrol. Derrota (4-2) do alevín B diante o Cedeira C, o líder do grupo D. Con tres puntos na táboa clasificatoria reciben ó Cedeira o vindeiro sábado.
alevinA


alevinA
alevinA
alevinA
alevinA
alevinA
alevinA
alevinA
alevinA
alevinA
alevinA
alevinA
No grupo B gañou (0-5) o benxamín B ó Galicia de Caranza D. Lideran a clasificación con 15 puntos, dous por diante do Rápido de Neda e tres por riba de Cebarca e Meirás. O vindeiro sábado reciben no Poboado ó quinto, Racing San Pedro. No grupo C, o benxamín B empatou a tres goles (3-3) co Barallobre. Son novenos con catro puntos visitando o vindeiro sábado ó Amistade de Meirás B.
benxaminB
benxaminB
benxaminB
benxaminB
benxaminB
benxaminB
benxaminB
benxaminB
benxaminB
benxaminB
benxaminB
benxaminB
benxaminB
benxaminB
No grupo A, o prebenxamín A perdeu (1-5) na casa co Galicia de Mugardos. Son oitavos cun punto e visitan a vindeira xornada ó terceiro, Racing de Ferrol B. No grupo B, tamén derrota do prebenxamín B na súa visita a San Sadurniño (2-0). Oitavos cun punto reciben o vindeiro sábado ó Portuarios.
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
prebenxaminA
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios