Pese a non facer un bo partido, o Esteo non tivo problemas para impoñerse ó vicecolita Eypar Melide por 3-6. Ó descanso os ponteses xa vencían por 1-3. O Esteo non estivo á altura doutros partidos e ó pouco de comezar o choque Bolly tivo unha boa ocasión para marcar pero o seu disparo foise fóra por pouco. Os locais tamén tiveron as súas oportunidades, pero Choto moi acertado nas súas intervencións. O primeiro en marcar é o Melide de falta ós catro minutos de xogo. Fran, en dúas ocasións, e Rubi puxeron o 1-3 co que se chegou ó descanso. A pouco de iniciarse a segunda parte o Melide acurta diferenzas. É entonces cando Diego Paz cambia o sistema de xogo con presión en toda a pista pasando o que lle permite ó Esteo dominar con máis claridade. Rubi, Bolly e Pellón lograban distanciar ó Esteo no marcador e a falta de sete minutos o Melide marca o terceiro da súa conta, resultado que ó final sería o definitivo. Salientar o debut no primeiro equipo pontés do xuvenil Santi.
O Esteo segue na primeira posición, agora a sete puntos do Pazos de Borbén que nesta xornada empatou na casa co Ventorrillo. Na vindeira xornada o conxunto pontés recibe no pavillón da Fraga ó 5 Coruña, terceiro clasificado, a nove puntos dos ponteses, e un dos favoritos na loita polo ascenso.
FICHA DO PARTIDO
EYPAR MELIDE F.S.: Marcos, Borja, Fernando, Sergio, Manuel cinco inicial- Javier, Alberto, Daniel, Xurxo, Carlos e Óscar.
O ESTEO FS: Choto, Pellón, Fran, Bolly, Rubi cinco inicial- Gerardo, Gerveno, Pelu, Iván e Santi.
ÁRBITROS: Corrochano Ibáñez e Dans Rey (A Coruña). Amoestaron a Manuel, do Melide.
GOLES: Min. 4 (1-0), Sergio. Min. 6 (1-1), Fran. Min. 9 (1-2), Fran. Min. 19 (1-3), Rubi. Min. 23 (2-3), Borja. Min. 26 (2-4), Rubi. Min. 30 (2-5), Bolly. Min. 32 (2-6), Pellón. Min. 33 (3-6), Óscar.
INCIDENCIAS: Partido correspondente á primeira xornada da segunda volta, de liga da Terceira División disputado este sábado no pavillón municipal de Melide cun cento de espectadores nas gradas.
Nova cortesía de A.F.