RESULTADOS DO CD AS PONTES DA FIN DE SEMANA DO 1-2 DE DECEMBRO
Empate do primeiro equipo en Barbadás, 2-2, comezou gañando o equipo ourensán, logo púxose o cadro de Manolo García 1-2, pero antes de rematar chegaron as táboas definitivas. O As Pontes sitúase con 24 puntos, pero ten unha final o próximo xoves ás 18:00 contra o Bergantiños CF, antes de rematar a primeira volta os azuis teñen dúas visitas consecutivas a campos compricados, Ordes e Somozas, e recibe ó Compostela, asi que o próximo encontro antollase vital ante un Bergantiños que ven remontando e xa fai seis meses nos deixou coa mel nos beizos ó gañar no último encontro en Carballo 2-0. O As Pontes deberá mellorar o seu bagaxe defensivo, xa que encaixou 8 goles nos tres últimos encontros, e buscar un triunfo moi necesario.
Como xa comentamos a semana pasada, compricado desprazamento do equipo xuvenil de Carballo, que perdeu 5-3 co EF Lalín, severo correctivo, e baixa á sexta posición con 21 puntos e a semana que ven reciben ó Brexo Lema, penúltimo con sete puntos, pero moito ollo que nos tres últimos encontros gañou os dous da casa, Orillamar e Eume, e so perdeu fora 4-2 ante un líder, O Val, que onte botou un órdago ó vencer na casa do Vilalbés, 0-2, e asentar o seu liderato con 29 puntos seguido do Caranza con 27.
O Cadete comezou con bo pe a súa andaina na Liga vencendo ó Galicia de Mugardos 2-4, tantos de Raquel, Caínzos, Iago e Brais Blanco, e a semana que ven reciben ó perigoso Narón BP. Comezan de segundos e lidera o favorito Caranza que venceu 9-0 ó Animas e esta semana xoga a final de Copa ante O Val onde tentará reeditar o título logrado o ano pasado ante este mesmo equipo, 0-5, que tamén, casualidades da vida, o equipo valexo o ano pasado eliminara ó As Pontes como este ano.
O Infantil comezou con bo pe na Liga, ó gañar, casualmente, ó que será o seu rival na final de Copa, o Portuarios, por 3-0, Josiño, Ayrton e Jandro. Pero mal farían en tomar este encontro como referencia, pois a final será durísima para os dous equipos e poderá gañar calquera. Final que por certo se desputará no campo de Os Pinares en Perlío este xoves festivo ás 12 do mediodía.
O Alevín A venceu 0-3 en Cedeira, Mateo, Antón Cillero e Antón Paz, e de gañar ó EFR Ferrol B a domicilio o sábado que ven na última xornada garantiría a súa presencia no Grupo A. Terceiros con 26 puntos, de empatar ou perder, dependerían do resultado entre o segundo e o cuarto, Cariño (28) contra Racing de Ferrol (25). O Alevín B perdeu 3-4 ante o Amistade de Meirás B, Xoel Pena, Xan e Vicente, e antepenúltimos con 6 puntos na seguinte fase xogará, xa seguro no Grupo D. Despiden esta liguiña recibindo ó Narón BP B o próximo sábado.
O Benxamín A continúa líder trala segunda xornada do Grupo B. Venceu 5-1 ó Eume, hat trick de Joan, Mario e Alex Riobo, e con seis puntos o vindeiro sábado recibe ó Rápido de Neda. O Benxamín B, que está no Grupo C, perdeu esta semana 4-3 en Cedeira, Lois, Ismael e Hugo, e a seguinte xornada descansa. Son séptimos con tres puntos.
Esta semana non xogaron nin o Prebenxamín A nin o Prebenxamín B.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.