Amigus
As Pontes

Resultados do Grupo Xuvenil no fin de semana

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

Este fin de semana a sección de pista do Grupo Xuvenil desprazouse ata Caceres para disputar o campeonato nacional de maratón con dúas embarcación,o k2 de Carlos Pedreira e Antonio Polo,que acadaron unha boa 4º praza tras sufrir Carlos problemas musculares derivados dunha antiga lesión que lles fixo perder a posibilidade de loitar polas primeiras prazas e dando por bo resultado poder concluir a competición de 24 kms. e seis porteos(carrexar a piraua correndo durante 200m.).
Por outra parte a outra embarcación, o C2 de Hernán Fernández Blanco e Ricardo Estevez Hernanz acadou un meritorio e inesperado 3º posto,demostrando o seu pundonor e coraxe,mantendo unha praza que acadaron xa nas primeiras padexadas da competición e que xa non abandoaron ata o final.

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios