Resultados do Grupo Xuvenil do fin de semana do 14 e 15 de Maio

O clube de piragüismo local desprazouse este fin de semana por partida doble, por unha parte a sección de pista acudiu o Copa de España de pista nas distancias de 200m. e 500m., e a sección de kaiak-polo a unha nova xornada da liguiña nacional de 1ª división.
A sección de pista viaxou a Verducido, onde ademáis de ter que loitar contra os seus rivais deportivos iveron que sobrepoñerse o intenso vento que provocaba unhas grandes ondas, o que deu lugar a suspensión da distancia dos 500m xa que as embarcación afundíanse.
O mellor resultado acadouno David Veiga que colleitou un 6º posto na final B, despois Iván Pena acadaba o posto 33º, nunha contrareloxo chea de irregularidades e na que só se clasificaban 27 palistas, e a C2 de David Veiga e Hernán Fernández acadaba un 26º posto.
Por outra parte,o equipo de kaiak-polo moi mermado por lesións e compromisos persoais acudiu con só 5 palistas, polo que non posuían cambios, e acadou un resultado discreto pero lóxico, gañando só un dos seus seis partidos, e perdendo o resto.

También podría gustarte
Comentarios