Resultados do xuvenil o fin de semana

Este fin de semano o Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes desprazouse a duas citas do calendario estatal.
Por unha parte o sábado día 8, os palistas da sección de augas tranquilas acercouse ata a localidade de Lugo onde disputou o Descenso Internacional do Miño de Lugo, que arranca dende Rábade para tras un percorrido de 18kms. con diversos obstáculos.
Os palistas ponteses que participaron foron en C1 Hernán Blanco en categoría senior acadando un meritorio 11º posto e en C1 Xuvenil Ricardo Estévez que logrou o 6º lugar.
Xa na categoría raiña de esta competición o k2 formado or Carlos Pedreira e Antonio Polo acadou o 1º posto facendo valer un estado de forma óptimo,sendo esta a 4ª competición seguida que gañan.
Por outra parte o equipo de kayak-Polo masculino acadou uns bos resultados na liga nacional,disputada en Puerta de Hierro (Madrid) acadando un balance positico de catro victorias e unha derrota que lles permiten ascender ata a zona alta do taboleiro clasificatorio.
Baixada-do-Eume.jpg


Nova cortesía do Club de Piragüismo Grupo Xuvenil As Pontes

También podría gustarte
Comentarios