Resultados e actividade do Grupo Xuvenil

Excelente resultado do xoven piragüista do Grupo Xuvenil David Tonislavov, que esta fin de semana acadou o 9º posto no k1 cadete sobre 1000m e o 8º na mesma categoría pero na distancia de 200m no Campionato Galego de Pista que se celebrou en Verducido (Pontevedra).
O cadete foi acompañado dos veteranos do equipo que colleitaron uns bos resultados, destacando a 3ª posición de José García Bellas en k1-1000m na categoría de 40-44 anos, a 6ª posición en k2 de Serafín Fontao e Ernesto Gancedo en k2 e os 10º e 14º postos de Ernesto Gancedo e José Antonio Menendez no k1 de 35-39 anos.
Os citados veteranos ademáis despñlazaronse ata Sanabria (Zamora) o domingo para participar na LI Regata Internacional do Lago de Sanabria, donde conseguiron a 6ª posición no k4 veterano.
Por outra banda para o sábado de festas (o dia 20) os compoñentes do equipo de kaiak-polo estrearán o Lago para esa modalidade co Torneo Vila das Pontes e un curso de esquimotaxe.
kaiak-polo
O curso de esquimotaxe será aberto a todo o mundo, so se necesita saber nadar e ter coñecementos básicos de manexo da piragüa.
esquimotaxe
Para máis información podese consultar o facebook do club https://www.facebook.com/groups/xuvenil/
xuvenil


xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
xuvenil
Nova cortesía de Ernesto Gancedo

También podría gustarte
Comentarios