RESULTADOS FIN DE SEMANA DO CD AS PONTES

O equipo xuvenil da Liga da Ría empatou en Ferrol co Ánimas (1-1), é o quinto empate en sete encontros, suma 11 puntos e situase nunha máis que interesante cuarta plaza. A semana que ven xogarán no Poboado contra o Portuarios.
O equipo infantil gañou 1-3 en Caranza e suma a súa terceira victoria consecutiva. Son líderes empatados co Narón que de momento ten mellor goal average, e a semana que ven recibirán ó Ortigueira.
O alevín A tamén está en racha e tamén leva tres tirunfos consecutivos. Esta semana gañaron nin máis nin menos que 11-1 ó Val B, destacando Josiño con seis dianas. Son líderes empatados co Eume, pero neste caso si que teñen mellor goal average. A semana que ven visitarán ó sempre complicado Galicia de Caranza.
O alevín B empatou 2-2 co EFR Ferrol en terras departamentais e son oitavos con catro puntos. A semana que ven descansan.
futbol_0001.jpg


Tamén comezaron esta fin de semana as súas Ligas os benxamíns e prebenxamíns.
O benxamín B non puido ter mellor estreno, 13-2 ó Xuventude de Cabanas, con 5 goles de Vicente, 4 de Nono, 2 de X.Gabeiras e 2 de Xoan. A vindeira semana xogarán en Ferrol co Ánimas.
O prebenxamín A perdeu 3-1 a domicilio co San Pedro. Os máis pequeniños, os do Prebenxamín B, perderon en casa 0-11 co EFR Ferrol B, aínda son moi noviños e teñen tempo e recorrido por diante no mundo do fútbol, non obstante, fixeron as delicias dos afeccionados.
O equipo cadete e o benxamín A descansaron
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
futbol_0001.jpg
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios