TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 0 CERCEDA 0

Empate a cero no encontro xogado hoxe á tarde entre o As Pontes e o Cerceda. Nos prolegomenos, e coa presencia do alcalde local, Valentín González, leeuse un manifesto en contra do Decreto do carbón aprobado hai unhas semanas, no que as principais perxudicadas son As Pontes e Cerceda. Tamén desfilaron todas as categorías do equipo local, uns 200 cativos e cativas. Con respecto ó encontro, na primeira parte notouse a calidade dun dos tres equipos grandes da categoría, dominaron os visitantes pero sen ocasións claras, e o As Pontes defendeuse con todo. A máis clara, unha de Souto ó borde do descanso que despexa nunha gran intervención Kiko. Xa no segundo tempo o encontro volveuse máis igualado, por momentos duro e embarullado, e cando xa se empezaba a dar por bo o empate, sobre todo pola parroquia local, a 5 minutos do final Iván González rouba un balón marchase hacia a porteria, regatea a Cristopher e este faille penalti, e o colexiado expulsa ó porteiro da selección galega, un dos seis xogadores que ten o Cerceda na selección. Colmo de fatalidades, hoxe faltaba o especialista Bossa, lanzouno o irmanísimo Rochela e o balón marchou desviado por pouco. En definitiva, reparto de puntos, e o As Pontes suma trece e está na oitava posición. Será moi importante sacar rendemento na visita ó colista Vilalonga a semana que vén.
As Pontes - Cerceda


0 CD As Pontes. Kiko, Moncho, Javi López, Rochela, Juan, Schuster, Iván, David Vidal, Hugo Soto (Felipe 74´), Dani, Jordi (David Amado 89´).
0 Cerceda. Cristopher, Noe, David Rey, Mariño, Cabrejo, Xaco, Pablo Barreal, Souto (Colón 78´), Rodrigo (César Otero 74´- Pablo 85´), Aitor Díaz, Franqueira.
Campo e incidencias. Campo de O Poboado. Mellor entrada do ano cuns 650 espectadores. Partido correspondente á 10ª xornada. Tarde soleada pero fría.
Árbitro. Jesús Marques Espiñeira (Lugo). Auxiliado nas bandas por Ramón Vilela e Corral García. Amonestou a Juan, Moncho, Rochela, Iván, Cabrejo, Schuster e expulsou con vermello directo a Cristopher (84´).
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
As Pontes - Cerceda
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios