REXIONAL PREFERENTE. CD AS PONTES 4 SD O VAL 3.

Disputado e polémico partido, tralas declaracións do adestrador do Val Juancar, o xogado hoxe no Campo do Poboado. Pese a que se adiantaron os locais (35´) tras un tiro de Iván González que peta no longueiro e moi pillo no rexeite Parada aproveita pra marcar o 1-0, os visitantes lograron tres tantos consecutivos de cabeza en xogadas a balón parado, Emmanuel (38´ e 50´), e Grueiro no desconto (47´) que semellaban sentenciar o encontro. Alex Díaz recurtaba distancias no 60´, despois chegarían claras ocasións para Parada, Manel, Chote, Dani … pero o balón non entraba, bo lanzamento de falta de Bruno no 82´, e cando o partido encaraba a recta final chegou a remontada do As Pontes con dous goles de penalti de Bossa, o primeiro no 84´ tras man de Alberto dentro da área e o segundo no 90´, victoria que outorga ós locais tres sufridos puntos, para un As Pontes que aínda soña co complicado ascenso.
futbol_01.jpg


4. As Pontes. Marcos, Rivas (Dani 78´), Brais, Chote, Manel, Pablo, Iván González, Carba (Esmorís 58´), Jorge Parada, Bossa, Suso Peña (Alex Díaz 45´).
3. O Val. Ángel, Miguel, Rubén, Gordillo, Alberto, Chino, Botana (Dani 76´), Grueiro (Canosa 64´), Emmanuel, Bruno, Marcos Novo.
Goles: 1-0, minuto 35, Parada. 1-1, minuto 38, Emmanuel. 1-2, minuto 45, Grueiro. 1-3, minuto 50, Emmanuel. 2-3, minuto 60, Alex Díaz. 3-3, minuto 84, Bossa, de penalti. 4-3, minuto 90, Bossa, de penalti.
Árbitro: Brito Regadera (Ferrol). Auxiliado por Juan Orozco e Rey López. Amonestou a Bossa, Alex Díaz, Marcos, Manel e Rubén. Expulsou ó segundo adestrador local no minuto 61´ con vermella directa.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado, uns 250 espectadores, con presencia de público visitante. Foto de Marcos Novo, ex xogador de Valencia e Osasuna, entre outros, que en 1996 xogou o Campionato de Europa sub17 en Austria coa selección española.
Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg
futbol_01.jpg

También podría gustarte
Comentarios