REXIONAL PREFERENTE. AS PONTES 1 FOZ 0

Victoria do As Pontes que igual que a semana pasada volve a conseguir os tres puntos no último minuto. Tras unha primeira metade sen apenas ocasións, na segunda os visitantes comezaron a dar por bo o empate namentres que o As Pontes nos últimos minutos foi a polo triunfo e tiveron boas ocasións Rebolo e Pablo, pero foi no 90´cando tras un roubo e mellor pase de Esmorís, Rebolo quedou so ante a saída de Bruzos e bateuno por alto. Aínda así, puideron empatar os visitantes no 94´pero un gran disparo de Iago marchou alto por pouco e os tres puntos quedaron en As Pontes.
CD_aspontes.jpg


1 AS PONTES. Kiko, Brais, Jorge, Chote, Boo, Alonso (Bossa 45), Jorge Parada, Bambam (Rebolo 63), Adriano (Esmorís 79), Pablo, Álvaro (Suso Peña 72).
0 FOZ. Bruzos, David, Corredoira, Suso Murado, Xusto, Rubén, Ángel (Jose 67), Dumi, Cris (Edy 72), Iago, Diego Hermida.
Árbitro: Vázquez García (A Coruña). Auxiliado nas bandas por Alexandre López e Adrián Barrios. Amonestou a Boo, Alonso; Ángel e Jose.
Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Algo máis de 200 espectadores en tarde soleada. Partido correspondente á 2ª xornada.
Goles: 1-0. Minuto 90. Rebolo.
Nova cortesía de A.F.

También podría gustarte
Comentarios