Rochela loitará por meterse nas semifináis do mundial de fúbol sub-17 de Korea

Unha vez máis o futbolista pontés David Rochela foi alineado coma xogador titular da selección española, que está a disputar nestas datas o mundial sub-17 en Korea. O partido disputouse o pasado día 29 de Agosto e acabou cun resultado de 3-0 favorable á selección española, que se enfrontaba á anfitriona do evento, Korea, en oitavos de final.


O pontés xogou o partido enteiro, convertíndose así nun dos xogadores indiscutibles nos esquemas de Santisteban, xa que dende que empezou o campeonato foi sempre titular. Os goles españóis foron acadados por Bojan (2 goles) e Iago Falqué (1 gol).
Mañá Rochela e os seus compañeiros terán que medirse cós franceses en cuartos de final. Sorte!

También podría gustarte
Comentarios