Amigus
As Pontes

Roubos nas Pontes

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

[RTVi-As Pontes] Na crónica de sucesos temos que falar de varios roubos que se produciron na Vila. O último foi o domingo 12 doce de Setembro e produciuse nunha vivenda na zona dos Chaos, en concreto na rúa da Cuiña. Os ladróns, aproveitando a ausencia dos propietarios da vivenda, entraron á casa por unha fiestra e roubaron a pantalla dun ordenador, unha cámara de vídeo, un cento de cedés de música, e varias xoias. Afortunadamente non causaron desperfecto algún pero sí deixaron caixóns e armarios revoltos. Os afectados por este furto presentaron denuncia na Garda Civil.


Este foi o terceiro roubo que se produciu nas Pontes en menos de unha semana. Na madrugada do xoves 9 de Setembro tamén se rexistrou un suceso semellante na Avenida das Veigas, non estanco de Candelaria. Polo momento descoñécese a autoría destes furtos, e falar dunha banda organizada é aínda algo precipitado.
Os amigos do alleo tamén se apropiaron dun sen número de obxectos relixiosos nas Capelas das Pontes.
aspontes.org

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios