Amigus
As Pontes

Ruta en piragua o 29 de abril

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

O domingo 29 o Grupo Xuvenil organiza unha ruta en piragua para coñecer a zona da cola do encora da Riveira.
A saida será ás 10:00 dende Somede, e a chegada no mesmo lugar hacia o mediodia, dependendo da metereoloxía do dia.
Non e necesario saber andar en piragua pois o club dispón de piraguas autovaciables moi estables. O único imprescindible é saber nadar e levar roupa que se poda mollar e ganas de pasalo ben.
O percorrido total será duns 5 kms e está dirixido a maiores de 14 anos, ainda que os pais e nais que queran poden traer rapaces máis pequenos, sempre que vaian na mesma piragua.
piragua.jpg


A participación será gratuita para socios do Grupo Xuvenil e ten un precio de 10€ para non socios, que deberán ser ingresados na conta do club 2080/ 0230/ 61/ 3040004767 en NovaGalicaBanco (Caixa Galicia ou CaixaNova).
A inscripcións ata o dia 26 nas instalacións do Club, no Polideportivo Municipal ou por email en xuvenil@gmail.com (indicando nome, DNI, teléfono de contacto e email).
Animadevos a facer deporte e coñecer un pouco más o noso concello.
GRUPO XUVENIL PIRAGÜISMO AS PONTES

Consegue en tempo real avisos de novos artigos no teu dispositivo, subscribete agora.

También podría gustarte
Comentarios