Santa Icía 2004

[RTVi-As Pontes] Finalizaron os actos adicados a Santa Icía. O Concello e mailas agrupacións musicais da Vila homenaxearon esta fin de semana ó músico Adolfo Pena Adega, polo traballo realizado durante case medio século. A súa relación coa música comeza cando aínda é un neno. Con trece anos inicíase nos estudios de música co sacerdote Juan Vázquez, e pouco despois entrou a formar parte da orquestra Ribadeume, como saxo tenor…


…Esta formación derivou, dez anos máis tarde, na coñecida orquestra Riber, ó estar integrada por músicos de Ribadeume e Bermui. Tempo despois Adolfo Pena Adega entrou a formar parte da orquestra Puentes. Tamén foi integrante da Coral Endesa-As Pontes, da Banda de Música Cultural e Recreativa e foi un dos fundadores do grupo de gaitas do Outo Eume. Ademáis Adolfo Pena adicou boa parte da súa vida, uns vinte anos, a fabricar palletas, un traballo polo que adquiriu un enorme prestixio en toda Galicia, no territorio estatal e tamén no estranxeiro.
Por todos estes méritos, neste 2.004, tódalas asociacións con actividade musical nas Pontes acordaron por unaninmidade recoñece-lo traballo realizado por este veciño, portador da nosa tradición musical.
A herdanza musical de Adolfo Pena Adega queda depositada en dous dos seus netos, Rubén e María, ambos integrantes da Banda de Música Cultural e Recreativa das Pontes. Tamén eles se encargaron de entregar un ramo de flores e máis un agasallo ós seus avós, Adolfo e Carmen.
Víctor Guerreiro, alcalde das Pontes, tamén dirixiu unhas verbas de felicitación ó homenaxeado, destacando sobre todo a figura humana de Adolfo Pena Adega, ó que definiu como un bo veciño.
Finalmente o homenaxeado agradecía publicamente o recoñecemento das agrupacións musicais da Vila e pedía ó público máis comprensión co traballo dos músicos, polo tempo que lle teñen que adicar ó estudio.
aspontes.org

También podría gustarte
Comentarios