Saramago critica ós medios e ós gobernantes no seu novo libro, ‘Ensaio sobre a lucidez’

Lendo elmundo.es:
“O premio Nobel de Literatura portugués José Saramago critica ós gobernantes que discuten infantilmente e ós medios de comunicación, no seu próximo libro, ‘Ensaio sobre a lucidez’, que sae da imprenta o vindeiro día 25.
Fontes cercanas á editorial de Saramago revelaron que a obra do máis celebrado autor luso vivo debátese entre a ironía e o humor e critica a diversas institucións portuguesas, polo que o propio escritor cree que resultará ‘polémica’.”…

Saramago.jpg


…”Saramago, que reside e escrebe na illa española de Lanzarote (Canarias), pronosticou que o ‘Ensaio sobre a lucidez’ creará un escándalo maior que o ‘Evanxelio según Xesucristo’, editado en 1991.
O novo título de Saramago comeza cunhas eleccións municipais, que teñen como resultado unha sorpresa para o Executivo, que decide tomar unhas medidas que só ó principio son legais e democráticas.
O relato exhibe unha galería de curiosos persoaxes, na que non falta un ministro de Defensa que non fixo o servicio militar e que sempre propón medidas extremas, incluso cando a situación está baixo control.
As críticas de Saramago na súa nova peza acadan ós medios de comunicación, que ó seu xuizo interveñen na preparación das calamidades e a quen preocupan máis os titulares chamativos que o servicio á verdade.”…
Fonte: elmundo.es

También podría gustarte
Comentarios