A AUI denuncia unha ‘brecha dixital’ na extensión das liñas ADSL

Lendo libertaddigital.com:
“O número de conexións de acceso a Internet a alta velocidade mediante ADSL ascendeu en España ó peche de febreiro a 1.775.979, despois de que nese mes se deran de alta 52.768 novos aboados, 9.896 menos que en xaneiro, segundo datos facilitados a Asociación de Internautas (AI). Esta organización di que aumenta a ‘brecha dixital’ entre as zonas urbanas e rurais.”…


…”A Asociación de Internautas apunta que en febreiro prodúxose unha lixeira desaceleración do ritmo de crecemento deste tipo de conexións a Internet, que en 2003 foi de 58.067 liñas mensuais.
As provincias de Madrid e Barcelona mantéñense á fronte da clasificación de conexións de ADSL, ó acaparar dúas de cada cinco liñas dixitais de banda ancha, cun total de 703.533 liñas de ADSL instaladas entre ambas. A Comunidade de Madrid e Barcelona suman xa 359.378 e 344.155 liñas de ADSL, respectivamente, seguidas moi de lonxe por Valencia, con 77.159 conexións, Málaga con 76.567, Alacante con 62.764, Baleares con 58.607, Sevilla con 57.486, As Palmas con 55.618, Zaragoza con 36.758, Murcia con 36.758, e Xerona con 35.817.
A AI advirte do aumento da ‘brecha dixital entre as zonas urbanas e rurais’, e que se traduce na existencia de provincias con moi poucas liñas ADSL. Soria mantense como a provincia con menor desenvolvemento deste tipo de conexión a Internet, con só 1.794 liñas, por debaixo de Ávila, con 2.760, Zamora con 2.906, Teruel con 2.929, Cuenca con 2.978, Segovia con 3.468, Melilla con 3.649, Palencia con 3.824 e Ceuta con 3.967, que pecha a lista de provincias con menos de catro mil liñas ADSL.
O dato xeral facilitado pola AI coincide co manexado por Telefónica de España, que esta mesma semana informou de que as liñas ADSL aumentaron en 115.000 conexións no que vai de ano, ata supera-las 1.775.000 ó peche de febreiro.”
Fonte: libertaddigital.com

También podría gustarte
Comentarios