Amigus
As Pontes

SEGUNDA B. O ESTEO FS 5 – CD SAN CRISTÓBAL NÚÑEZ AUTOMOCIÓN 2.

Con unha brillante segunda parte ante o cadro salmantino durme o Esteo oito puntos por riba do descenso

Tres puntos vitais dun Esteo que ten máis preto seguir unha campaña máis na Segunda B. E iso que neste partido marchaban ao descanso con 1-2, empate de Cokito, os do gran Diego Garcimartín, que adestrara ao Segovia en Primeira División.

Pero na segunda saíron os locais a polos tres puntos e dous tantos en dous disparos cruzados ao segundo pau, de Adrián e Matos, daban a volta ao marcador.

Estivo sensacional Adrián Matos que redondeou a súa actuación con un hat trick, ao aproveitar dous balóns en xogo visitante de 5 para 4, para sentenciar o encontro 5-2 para un Esteo que está décimo con 21 puntos, oito sobre o Juventud del Círculo que marca a criba da salvación.

Próxima visita ao Adamo Xove, equipazo a pesar de ser so oitavo con 25 puntos.

O ESTEO FS. Regueira, Cokito, Troncho, Matos, Adrián – Diego, Sergio, Naveiras, Lukas, Jandro, Juan.

CD SAN CRISTÓBAL. Alberto, Daniel, César, Héctor, Raúl – Javier, David, Eduardo, Alex, Gonzalo, Joel.

GOLES. 0-1, Alex (7´), 1-1, Cokito (10´), 1-2, César (19´). 2-2, Adrián (21´), 3-2, Matos (25´), 4-2, Matos (35´), 5-2, Matos (39´).

Incidencias. Uns 100 espectadores no Pavillón Municipal. Amarelas a Lukas, Javier, Eduardo, Raúl.

Nova cortesía Xose Ferreiro

Nova cortesía Xose Ferreiro

También podría gustarte

Los comentarios están cerrados, pero trackbacks Y pingbacks están abiertos.