SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: CDFS SAN JOSÉ – O ESTEO FS (5-8)

O conxunto pontés xa suma 8 puntos

Brillante vitoria do equipo pontés de fútbol sala do Esteo na súa visita a Salamanca, nun partido no que tras ir 1-5, lles lograron empatar 5-5, pero souberon repoñerse e acabar logrando os tres puntos.

Saiuse Jaco con cinco tantos e o conxunto dirxido por Javi Saa suma catro xornadas sen perder. Ten maior mérito si se ten en conta que apenas participou con sete xogadores e incluso foi expulsado Lito.

No encontro de onte comezaban gañando os locais, pero nuns espectaculares seis minutos o equipo pontés anotaba cinco goles, por medio de Jaco (3), Rober Paz e Alex Garea. Antes do descanso os locais achegábanse no marcador, 2-5.

Nos primeiros nove minutos do segundo tempo viñéronse arriba os de Salamanca, recén ascendidos, que en tres xogadas a balón parado, e tamén aproveitando a expulsión de Lito, empataban o encontro, 5-5.

Parecía que se poñía costa arriba para os ponteses, pero outros dous tantos de Jaco culminando un gran partido, e un oitavo de Alex Garea polo escuadro, situaron o 5-8 definitivo que fai que os ponteses continuen na novena posición, pero xa con 8 puntos.

Partido moi importante a vindeira xornada, na casa, ante o Leis Pontevedra, décimo con 5 puntos.

FICHA DO PARTIDO

CDFS SAN JOSÉ: Manchi, David, Sergio, Guancho, Morales –cinco inicial- Tamar, Samuel, Pablo, Rubén, Manu.
O ESTEO FS: Javichu, Jaco, Héctor, Lito, Alex Garea –cinco inicial- Gerardo, Rober Paz.

ÁRBITROS: Iván Sanz Moreno, Carlos Volpini Gilabert (Valladolid). Vanesa Díez Peralta (Salamanca). Amarelas a Guancho, Tamar, Alex Garea. Resultou expulsado por dobre cartón Lito.

GOLES: Min. 1 (1-0), Morales. Min. 5 (1-1), Jaco. Min.8 (1-2), Jaco. Min. 9 (1-3), Jaco. Min. 10 (1-4), Rober Paz. Min.11 (1-5), Alex Garea. Min. 16 (2-5), Rubén. Min. 22 (3-5), Guancho. Min. 24 (4-5), Samuel. Min. 29 (5-5), Morales. Min.31 (5-6), Jaco. Min. 32 (5-7), Jaco. Min. 34 (5-8), Alex Garea.

INCIDENCIAS: Partido da sétima xornada de Liga do grupo primeiro da Segunda División B disputado no Pavillón Frontón San José de Salamanca, que apenas rexistrou unha entrada de 50 espectadores.

PARTIDOS DOS EQUIPOS DE BASE
LIGA PROVINCIAL DE LUGO (5ª xornada)
C.D. CUBELAS F.S. – O ESTEO F.S. (3-5)
XORNADA DA LIGA DA TERRA CHA (1ª xornada)
O ESTEO F.S. INFANTIL – VILALBA “B” (6-0)
O ESTEO F.S. ALEVIN – VILALBA “B” (7-1)
O ESTEO F.S. BENXAMIN – VILALBA “B” (3-2)

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios