TERCEIRA DIVISIÓN. CD AS PONTES 0 – RÁPIDO DE BOUZAS CF 0

O As Pontes rescata un punto ante o líder

Valioso empate do As Pontes ante o líder Rápido de Bouzas. Os olívicos comezaron apretando nos primeiros minutos, i é que o conxunto dirixido polo ex internacional español Patxi Salinas, que fora mítico central do Celta, e anteriormente formara parte do Athletic que gañou dúas Ligas e unha Copa, amosouse moi sólido nas doce primeiras xornadas, liderando a táboa con 26 puntos.

Sen embargo, co paso dos minutos, o xogo equilibrouse. Na primeira parte resaltar un remate a boca de xarro dentro da área de Rubén Pardo que foi ó poste (40´), e unha internada de Youseff por banda esquerda, que regatea a dous defensas e o seu disparo sacao Paco cos pés (43´). Tamén unha falta que se marcha elevada de Edi (36´) e un disparo dende fora da área de David González (45´). Os azuis tiveron algún susto, coma un despexe de cabeza da zaga cara atrás que casi despista a Paco (18´).

Na segunda metade o cadro vigués foi a pola vitoria pero o conxunto local defendeuse ben, aínda contando coas baixas de Prieto e Borja. Resaltar unha boa internada de Jesús Varela por banda dereita, e o seu centro-chut despexao Paco cos puños (57´). Logo é Pardo quen dispara raso e cruzado, pero detén Diego sen apuros (60´). Nun balón que se pasea pola área local volve a despexar o porteiro ferrolán cos puños (67´).

As dúas máis claras chegaron faltando un cuarto de hora. Tras unha falta con moi boa estratexia, remata Youseff, só dentro da área, e desvía a córner arrastrándose Callón (76´). Logo tívoa o As Pontes, nunha contra na que Diego sae fora da área, pero nin Ibu primeiro, nin Buyo despois, consiguen aproveitalo (77´).

Xa nas postrimerías, disparos lonxanos do granadino Morrys (85´) e Tomás (90´). Con unha contra na que Pardo a piques está de chegar ó balón antes que o gardameta visitante (91´) concluiu o partido.

O As Pontes é antepenúltimo con nove puntos, a cinco da salvación, con unha trascendental visita a semana que ven a Redondela, onde se enfronta ó Choco, que xogou as dúas últimas fases de ascenso a Segunda B, pero está penúltimo cos mesmos puntos que os azuis. Dende o ascenso do clube redondelano a Terceira, un 2-4 na 2013-14, e peor bagaxe as dúas últimas campañas, 5-0 e 5-3.

O Rápido pola súa parte lidera con 27 puntos, seguido a un polo Racing Vilalbés. A próxima xornada reciben ó Dubra, que hoxe respirou un pouco tras gañar 2-1 ó Choco.

Quinto empate en terreo de xogo pontés, por sete vitorias locais. O único triunfo dos olívicos foi a campaña pasada, 1-2 nos últimos minutos, con tanto de Gustavo Souto. Equipo de bos recordos para o conxunto pontés, xa que lle ganou a Copa de Galicia en 1968.

Debutou como lateral dereito co equipo de Marco Roca, Jaime Leira, o fenés de 18 anos, irmán de Alberto, un ano maior, xogador do xuvenil do Deportivo, e ex compañeiro do pontés Enrique Fornos nas seleccións galegas. Boa actuación.

CD As Pontes. Paco, Jaime, Buyo, Callón, Edi, Pablo Rubio (Morrys 77´), Pablo Ramos, Samu (Álvaro Rey 84´), Ibu, David González, Rubén Pardo.

Rápido de Bouzas CF. Diego, Jesús Varela, Cotilla, Portas, Vieytes, Diz, Juanma Torres (Nico 65´), Iago Paz, Pablo Carnero, Nando (Tomás 68´), Youseff (Pardavila 77´).

Árbitro: Alberto Gómez Lameiro (Pontevedra). Auxiliado nas bandas por Pérez Carmuega e Pérez Maldivo. Amarelas a Ibu, Pardo e Carnero.

Campo e incidencias: Campo de O Poboado. Uns 150 espectadores. Partido da 13ª xornada.

Nova cortesía de Xose Ferreiro e A.F.

También podría gustarte
Comentarios