SEGUNDA DIVISIÓN “B” DE FÚTBOL SALA: CIDADE DE NARÓN-O ESTEO FS (1-4)

Gran vitoria do equipo pontés no derbi en Narón

O Esteo pontés de fútbol sala logrou onte unha importante e histórica vitoria, dada categoría do rival, en Narón, por un contundente 1-4, ademais con só dúas rotacións. Nas dúas anteriores visitas en Segunda B, sendos 4-0 locais.

Os de Javi Saa case sentenciaron no primeiro tempo co 0-3 cos tantos de Pana (2) e Martín, e pese a recurtar distancias os locais no inicio do segundo o 1-4 de Rober resultou definitivo.

Son quintos con 29 puntos alonxando máis os últimos postos, asi que aínda que deberán seguir pelexando, con algo máis de tranquilidade afrontarán as seis ultimas xornadas, recibindo o vindeiro sábado na Fraga ao segundo clasificado Pizarras Los Tres Cuñados.

Liga da Terra Chá
– Sábado 10 –
Cadete. Vilalba-O Esteo (1-2)
Alevín. Guitiriz B-O Esteo (2-3)
Benxamín. Guitiriz B-O Esteo (2-1)

FICHA DO PARTIDO

CIDADE DE NARÓN: Niceto, Iván, Diego, Brais, Javi– cinco inicial – Iago, Bertito, Rubén, Asier, Guille, Esparza, Cokito.

O ESTEO FS: Jesús, Martin, Gerardo, Rober, Dani – cinco inicial – Pana, Héctor.

ÁRBITROS: Amor Vizoso, JL. Rey Hermida, MRey Hermida (Ferrol-Santiago). Amarelas a Cokito e Diego. Expulsado con vermello directo a Niceto.

GOLES: Min. 8 (0-1), Pana. Min. 12 (0-2), Pana. (0-3), Martín. Min. 24 (1-3), Diego. Min. 29 (1-4), Rober Paz.

INCIDENCIAS: Pavillón Municipal da Gándara. Partido correspondente á vixéxima xornada. Uns 150 espectadores.

Nova cortesía Moisés Fernández e Xose Ferreiro

También podría gustarte
Comentarios